Canto aprendín hoxe do noso pasado!.
Hoxe visitou o centro Silvia Fiallega pertencente a Rede Museística de Lugo.
Silvia fíxonos reflexionar sobre a gran aportación que os emigrantes barreirenses fixeron para a cultura e a educación dos seus veciños e veciñas.
Ademais convidounos a reflexionar e rememorar as nosas historias persoais e falar de algún migrante na familia.
Todos imos levar a plantilla dunha filla de carballo. Nela escribiremos a historia dese familiar que tivo que emigrar, por que emigrou como lle foi nese novo lugar.
Se non sabedes escribir, non hai problema podedes facer un debuxo, un collage con fotos de emigrantes (eso si fotocopias da imaxe!)
Todas esas super aportacións que nos fagades chegar irán para o Primeiro Museo da Emigración en Lugo! Todo un reto verdade?
Veña! Bulide nen@s toca explorar o noso pasado emigrante, ben a Cuba, Arxentina, Brasil... Ou a Suiza, Francia, Bélxica...
Se precisades calquera tipo de axuda, non dubidedes en preguntar ben na biblioteca, ao titor ou enviando un correo ao correo da biblioteca .
Espero a vosa axuda!!!
biblio.donadisparate@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario