mércores, 21 de outubro de 2026

OBRADOIRO "VIVIR O MAR" CON CANDELA MARTÍNEZ

O noso colexio encheuse de enerxía coa posta en marcha dos obradoiros educativos do programa Vivir o mar: produto local e deporte no litoral de Barreiros. Unha iniciativa impulsada polo Concello de Barreiros que busca conectar aos máis novos coa riqueza da nosa contorna mariña e os hábitos saudables. 

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo o luxo de contar cunha prescriptora de excepción: Candela Martínez Bobo, ximnasta rítmica de alto nivel, múltiple medallista nacional e actual investigadora da Fundación para o Deporte Galego. 
Ao longo do obradoiro, a deportista de elite compartiu cos pequenos grandes ensinanzas estruturadas en tres piares básicos:
  • O noso litoral como pista deportiva: Candela amosoulles as enormes posibilidades que ofrecen as praias e a costa de Barreiros e de toda A Mariña para gozar da actividade física en contacto coa natureza. 
  • Valores e hábitos de vida: explicoulles a importancia de manter unha rutina saudable e os valores esenciais asociados ao deporte, como o adestramento previo. 
  • O código do bo deportista: coñeceron de preto como se vive un campionato dende dentro, incidindo especialmente no respecto escrupuloso polas normas e no espírito de compañeirismo.
Grazas a esta motivadora charla, os nenos e nenas aprenderon que o mar non só nos rodea, senón que é o escenario perfecto para medrar sans, xogar en equipo e aprender a respectar as regras do xogo tanto dentro como fóra da área deportiva.
Moitas grazas a Candela por contaxiarnos a súa paixón!

xoves, 8 de outubro de 2026

DESCUBRINDO OS SEGREDOS DAS PROFESIÓNS EN 2º DE PRIMARIA

Quen nos axuda a que todo funcione no noso arredor? O alumnado de 2º de Educación Primaria estivo respondendo hoxe a esta pregunta na clase de Ciencias Sociais a través dunha entretida investigación sobre as profesións da nosa comunidade.


Para coñecer de preto o valor de cada traballo, os nenos e nenas convertéronse en auténticos documentalistas sen saír da aula. Alí consultaron varios libros informativos da nosa biblioteca seleccionados para esta temática co obxectivo de:
  • Averiguar información sobre o traballo que realiza cada profesional.
  • Descubrir novas profesións cruciais para o funcionamento da sociedade.
  • Aprender a investigar de forma autónoma empregando índices e ilustracións en papel.
  • Comprender a importancia de todos os labores para o benestar común.
Unha fantástica viaxe a través das páxinas que lles axudou a descubrir que todos os traballos contan e que os libros son o mellor camiño para explorar o mundo. 

luns, 28 de setembro de 2026

DETECTIVES DA NATUREZA EN 2º DE PRIMARIA


O alumnado de 2º de Educación Primaria converteuse esta semana nun equipo de intrépidos investigadores sen saír da aula. Na clase de Ciencias Naturais, os rapaces e rapazas tiveron que resolver un gran misterio: descubrir a que especies pertencían unhas follas que lles apareceron na clase.
Para resolver o caso, estes pequenos detectives combinaron con grande éxito dúas ferramentas de investigación complementarias:
  • Utilizaron a aplicación Google Lens para escanear as follas coas tabletas e obter unha primeira identificación visual inmediata.
  • Para confirmar os seus descubrimentos, acudiron ás páxinas do magnífico libro "Inventario ilustrado das árbores" (Editorial Kalandraka). Alí analizaron as ilustracións e as características de cada especie.
Grazas a este traballo de campo na aula, demostraron que a tecnoloxía e os libros da biblioteca son os aliados perfectos para aprender experimentando e coidando o noso medio ambiente.

luns, 21 de setembro de 2026

COMEZA A AVENTURA "EUREKA"

Este luns o alumnado recibiu nas súas aulas unha carta moi especial de Pinchos. 
O noso ourizo aventureiro quería contarnos algo importante: xa temos novo proxecto para este curso!

“EUREKA: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS" 



Durante os próximos meses converterémonos en inventores e inventoras, descubridores e descubridoras para investigar o mundo que nos rodea. 

- Descubriremos quen creou moitas das cousas que usamos cada día. 
- Veremos como cambiaron os inventos ao longo do tempo.
- Realizaremos experimentos para descubrir e aprender. 
- E tamén crearemos os nosos propios inventos! 

Temos por diante un curso cheo de curiosidade, investigación, experimentos e moita imaxinación. 


A aventura “Eureka” acaba de comezar! 


Estades preparados e preparadas para inventar, descubrir e sorprendervos?

mércores, 17 de xuño de 2026

UN ANO POR AMOR A ARTE

 

NUN ANO DE ARTE QUE MELLOR FORMA QUE AMOSAR O NOSO MUSEO A TODA A COMUNIDADE. MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA AXUDA. DESFRUTADE DO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO

luns, 15 de xuño de 2026

Exposicións a familias

 


Obradoiro con Anxo Fariña

 Hoxe tuvemos a sorte de contar co ilustrador e escritor Anxo Fariña , un luxo poder dedfrutar e aprender con el.









mércores, 10 de xuño de 2026

mércores, 20 de maio de 2026

Exposición sobre arquitectura Galega

 Na conmemoración polo Día das Letras Galegas temos moita actividade.

 O alumnado de primeiro amosounos a súa exposición sobre Arquitectura Galega. Achegáronos aos hórreos, faláronos da muralla de Lugo e participamos na creación de  pedras coas que faremos nosa muralla.

Achegáronos de forma amena á maior obra arquitectónica de Galicia,  a Catedral de Santiago. 









luns, 18 de maio de 2026

Seguimos coas lecturas en familia

 As familias siguen acudindo ao centro a compartir historias con nós. 




Actos polo día das Letras

 Iniciamos a semana das Letras o venres 15 cun obradoiro de instrumentos e danzas tradicionais.







venres, 15 de maio de 2026

Pequenas voces para unha gran lingua

Para celebrar as Letras Galegas, o alumnado de 4 anos gravou un anaco da canción "Meu o mundo é", de Paco Nogueiras. Cun retrouso que non podemos deixar de bailar, os máis pequenos e pequenas lémbrannos que a nosa lingua é o motor que nos conecta co mundo.

Non o perdades! O galego soa de marabilla cando se canta con este entusiasmo.


xoves, 14 de maio de 2026

ACTOS POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 A Semana ven cargada de actividades para festexas as NOSAS LETRAS



TACHAN TACHAAAN A NOSA REVISTA ESTÁ NO AIRE!!!

 

domingo, 3 de maio de 2026

Apadriñamento Lector

 Como broche final á semana folibro tiñamos programado diversas lecturas no patio do colexio.

Por mor do mal tempo tivemos que aplazala ata este xoves.

A verdade é unha actividade que nos encanta.












mércores, 29 de abril de 2026

Día Das Artes Gráficas Galegas

 Nesta semana, por fin poidemos facer a Exposición con Motivo das Artes Gráficas Galegas (aplazada por mor do descanso de Semana Santa) a cargo dos nen@s de quinto.