venres, 19 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 96 FIN DE CURSO

Rematamos hoxe un curso 2019-2020 que nunca esqueceremos por moitos motivos.
 
Dende a biblioteca queremos desexarvos un bo verán a todo o alumnado e as familias do centro e enviar un agarimoso saúdo especialmente ao alumnado de 6º de primaria, que rematan esta etapa no colexio. Confiamos en que gardedes un bo recordo destes cursos no CEIP de San Miguel de Reinante e vos desexamos moito éxito na nova etapa que agora comezades. Lembrade que nos libros sempre atoparedes unha boa compañía.

xoves, 18 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 95

Hoxe interrompemos o noso mes de curtametraxes para lembrarvos que a historia de Caramomia atópase na recta final. Se non comezaches a seguir esta historia podes facelo na conta de Instagram.
https://www.instagram.com/caramomia/

mércores, 17 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 94

A curta de hoxe, "Kitbull", nos amosa a historia de amizade de dous animais, un gato e un pitbull:

martes, 16 de xuño de 2020

luns, 15 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 92

Comezamos a derradeira semana do curso e seguimos coa colección de curtametraxes. Nesta ocasión vos presentamos "LAVA", unha curta moi musical:

domingo, 14 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 91

Hoxe traemos unha curtametraxe moi orixinal, "Day and Night":

sábado, 13 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 90

A curta de hoxe titúlase "Geri's game", e o xogo ao que se refire é o xadrez:

venres, 12 de xuño de 2020

xoves, 11 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 88

Continuamos coas sesións de curtametraxes, nesta ocasión con "Ratón en venta"

mércores, 10 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 87

Hoxe vos presentamos unha colección de libros publicados pola Fundación Once e titulada "Cuentos que contagian ilusión", no que amosan as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras. Animádevos a coñecelos!
http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/

martes, 9 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 86

Hoxe vos traemos unha curtametraxe titulada "Partly Cloudy" (parcialmente nublado):


luns, 8 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 85

Hoxe imos coa derradeira sesión de contacontos do "Club das Lerchiñas". Se aínda non tiveches ocasión de velos, estes contacontos estarán dispoñibles ata o 19 de xuño no canal de Youtube da Cidade da Cultura.

Neste ocasión temos á escritora Ledicia Costas, que relata dun xeito ben divertido o seu libro Conexión macarrón.

SINOPSE: A Espe e a Rino non lles gustan nada os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas. Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?

domingo, 7 de xuño de 2020

sábado, 6 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 83

Hoxe traemos outra curtametraxe moi musical, titúlase "Farmony":

venres, 5 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 82

A curta de hoxe titúlase "For the birds", seguro que o coñecedes:


xoves, 4 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 81

A curta de hoxe titúlase "One man band" (O home orquestra):

mércores, 3 de xuño de 2020

martes, 2 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 79

Durante este mes de xuño faremos unha selección de curtametraxes que seguro vos gustarán. Comezamos con este titulado "La boîte" (A caixa). Non vos preocupedes porque o título estea en francés xa que esta curta non ten nin palabras:

luns, 1 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 78

Comezamos o mes de xuño cun novo contacontos do "Club das lerchiñas", e xa van catro. Nesta ocasión temos a Paula Carballeira con "Un conto con miga e codia":