Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de abril de 2022

Día do libro 2022

Nesta ocasión propúxose ao alumnado a realización da seguinte manualidade. Coñecemos así algúns dos seus libros favoritos...

 








venres, 30 de abril de 2021

CREAcción no Camiño: "De libros por Barreiros"

Durante este curso, dentro do noso proxecto "BO CAMIÑO", estamos coñecendo as etapas, lugares e monumentos do Camiño do Norte da man de Dona Disparate. Cada semana publica unha foto no blog e propón varios retos para o alumnado e as familias.

O 23 de abril, o día do Libro, coincidiu coa etapa na que Dona Disparate pasaba por Barreiros. Aproveitou para facer unha pequena parada no cole e deixarnos unha mensaxe e uns libros de agasallo xa que era o seu aniversario.

Para celebrar este día tan especial, decidimos relacionar o noso proxecto "Bo Camiño" co lema deste curso das Bibliotecas Escolares de Galicia, "Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar", para elaborar un mapa de Barreiros. O alumnado seleccionou os libros que están configurando as xeografías lectoras de cada clase durante este curso e reproduciu as súas portadas. Con estes debuxos completamos as diferentes parroquias lectoras de Barreiros.

Como remate desta celebración, baixamos ao patio (seguindo as medidas sanitarias) e compartimos estas lecturas nunha xuntanza moi orixinal que inmortalizamos co noso dron:

Grazas aos libros descubrimos os mundos marabillosos que agochan as súas páxinas, pero tamén coñecemos mellor a nosa contorna e aprendemos a valorala.

 

Por certo, Dona Disparate está moi contenta de que vos gustaran os agasallos que fixo polo Día do Libro. O próximo venres teredes novas fotos e retos!

venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro 2021

 Hoxe celebramos o...

DÍA DO LIBRO

E Dona Disparate sorprendeunos cun vídeo que gravou cando pasou polo colexio!

Agradeceu moito as vosas mensaxes de ánimo e que participedes nos retos semanais.

Tamén aproveitou para deixarnos uns agasallos xa que hoxe é o seu aniversario.

Moitas grazas, Dona Disparate!

Bo camiño!

xoves, 23 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 39 - DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos un Día do Libro un tanto singular. Nestes tempos adversos que estamos a vivir queremos que a nosa biblioteca se manteña aberta, e só se nos ocorre facelo ofrecendo neste blog recursos amenos e gratuítos.

E como unha das cousas que nos une é o entusiasmo pola lectura, aquí tedes un vídeo con todas as vosas fotos lectoras. Que pasedes un bo DÍA DO LIBRO!

venres, 17 de abril de 2020

Día Mundial do Libro, 23 de abril de 2020

Neste curso tan especial queremos manter algunhas das celebracións da Biblioteca escolar. O próximo xoves 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do cole nos gustaría que nos enviedes unha foto cun libro que vos acompañe nestes días de corentena e vos faga máis doado o confinamento. Con elas faremos un mural de lecturas que colgaremos no blog o Día do Libro.


Xa sabes, envía a túa foto poñendo NOME e CURSObiblio.donadisparate@gmail.com antes do 22 de abril. Se non queres, ou te da pereza peitearte, non ten por que saír a túa cara na foto.


Aquí vos deixamos as fotos das mestras da Biblioteca. Esperamos as vosas!!!

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Como cada 23 de abril conmemórase o día do libro. Un día especial que desde o cole non quixemos deixar pasar e, para celebralo, nada mellor ca facer unhas recomendacións de lectura un tanto distintas. E é que a nosa biblioteca é un lugar importante do noso cole, pero non sería nada sen eles e elas: o noso alumnado.
Nas seguintes presentacións recollemos un pequena escolma das súas propostas. A primeira corresponden ao alumnado de Educación Infantil:


A seguinte presentación correspóndese coas recomendacións de Primaria:


FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!