xoves, 30 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 46

Volvemos recordar a proba de onte. Tedes ata o sábado para poñer as vosas respostas. O domingo se publicarán as solucións:

Esta semana vos propoñemos outro reto de adiviñar títulos, nesta ocasión 10 títulos de películas de Disney.
Deixa as túas respostas nos comentarios (non te esquezas de poñer o curso e o nome).

mércores, 29 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 45

Esta semana vos propoñemos outro reto de adiviñar títulos, nesta ocasión 10 títulos de películas de Disney.
Deixa as túas respostas nos comentarios (non te esquezas de poñer o curso e o nome).

martes, 28 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 44

Continuamos co xadrez, outra das actividades favoritas na biblioteca durante este curso. Hoxe vos lembramos o movemento das pezas e vos propoñemos varios xogos.

Movemento das pezas



Xogos

- Para xogar partidas de xadrez:
https://scratch.mit.edu/projects/209241027/fullscreen/

- Pasapalabra de xadrez:
https://www.educaplay.com/game/4759926-ajeduca.html

- Crucigrama:
https://es.educaplay.com/juego/5470462-sopajeduca.html

- Sopa de letras:
https://es.educaplay.com/juego/5472805-sopajeduca_e.html

luns, 27 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 43

Hoxe traemos un conto relacionado cunha das actividades que máis éxito tiveron este curso na Biblioteca: o XADREZ.
Este conto de Anaya titúlase "AJEDULANDIA" e trae tamén actividades para facer na casa. Animádevos a seguir xogando ao xadrez en casa!

http://edistribucion.es/anayaeducacion/catalogos/ajeducabanner/index.html
Fai clic na imaxe para ler o conto.

Tamén tes aquí o vídeo do conto:
 

domingo, 26 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 42

Hoxe vos presentamos un canal de Youtube chamado "De tal cuento tal astilla".
Vén de moi cerca, dende Ribadeo, e nel atoparedes contos narrados estupendamente por unha contacontos.

Aquí vai un conto que me encanta, "El pedo más grande del mundo". Se entrades no Canal de Youtube poderedes ver máis contos.

venres, 24 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 40

Continuamos con máis libros que podemos ler online ou descargar. Nesta ocasión a escritora e ilustradora Olga de Dios ofrécenos catro dos seus títulos. Ademais podedes imprimir e colorear moitas das personaxes dos seus libros entrando na súa PÁXINA WEB.

https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2016/01/EnFamilia_OlgadeDios_cc.pdf

https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2018/01/Rana-de-Tres-Ojos_OLGA-de-DIOS_cc.pdf

https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2017/03/LEOTOLDA_OlgadeDios.pdf

https://www.olgadedios.es/descargas/PajaroAmarillo_OlgadeDios.pdf

xoves, 23 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 39 - DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos un Día do Libro un tanto singular. Nestes tempos adversos que estamos a vivir queremos que a nosa biblioteca se manteña aberta, e só se nos ocorre facelo ofrecendo neste blog recursos amenos e gratuítos.

E como unha das cousas que nos une é o entusiasmo pola lectura, aquí tedes un vídeo con todas as vosas fotos lectoras. Que pasedes un bo DÍA DO LIBRO!

mércores, 22 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 38

Aquí tedes as solucións do reto de onte dos títulos de libros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Como xa sabedes mañá celebramos o día do libro honrando así á figura do escritor Miguel de Cervantes. Aquí vos deixamos un vídeo no que se explica un pouco da súa vida:

martes, 21 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 37

Lembrade que estades a tempo de enviar a vosa foto lectora a

biblio.donadisparate@gmail.com


Hoxe vos propoñemos un reto moi orixinal. Seguro que todos coñecedes e incluso utilizades os emoticonos. Pois neste reto tedes que intentar adiviñar os 10 títulos destes libros e contos escritos con estes símbolos. Todos son libros que temos na nosa biblioteca e son dos máis emprestados!

Deixa as túas respostas nos comentarios (non te esquezas de poñer o curso e o nome).

Deixa a túa resposta aquí abaixo, en comentarios↓↓↓

luns, 20 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 36

Lembrade que estades a tempo de enviar a vosa foto lectora a

biblio.donadisparate@gmail.com



Comezamos a semana con novos libros en PDF. Nesta ocasión a Editorial Salvat ofrécenos varios títulos da súa colección "Mis pequeños HÉROES", no que cada volume trata sobre a vida dunha persoa coñecida e importante. Seguro que atopades algún que vos interese.

https://drive.google.com/open?id=1fEH_860ZW7Evl9zPrFoIAqUhpQgz6U0K

https://drive.google.com/open?id=1fvWa2UeiihzplzI9ksPv0c62dHb_eA0H

https://drive.google.com/open?id=1BvlIHGETNXkMTnBaPlEquxyZ_dQubCBe

https://drive.google.com/open?id=1AF_Y4DVTZLAx0tVWqeCu9GPFaiuyS7NC

https://drive.google.com/open?id=14nAmnvqPKqRe_2dro2Ik57LUI1FVWCNs

domingo, 19 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 35

Lembrade que estades a tempo de enviar a vosa foto lectora a

biblio.donadisparate@gmail.com


Rematamos esta semana con algunhas revistas máis. Xa sabedes que as podedes ler online ou descargar o PDF.

https://drive.google.com/open?id=16ATpYfMooJj_TlNfOM637walmQhFfnp8

https://drive.google.com/open?id=11rcdTlv8CGQfOlLfaB4hPA4M9Abr0c48 

https://drive.google.com/open?id=1YBm_E0uwUhqwB6bFZw69JLOWZPYlM5Ba

https://drive.google.com/open?id=1_ibShRkdE2KK5Q10eq_ePbMk5740ciqz

sábado, 18 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 34

Estreamos dúas novas seccións no blog nas que imos recopilando todos os libros e revistas que podedes descargar en pdf para ler cando queirades. As podedes atopar na columna da dereita, en RECURSOS DIXITAIS. Todas estas publicacións as fixeron públicas as propias editoriais.

LIBROS

https://bibliotecasanmigueldereinante.blogspot.com/p/libros-en-pdf.html

REVISTAS

https://bibliotecasanmigueldereinante.blogspot.com/p/revistas-en-pdf.html

venres, 17 de abril de 2020

Día Mundial do Libro, 23 de abril de 2020

Neste curso tan especial queremos manter algunhas das celebracións da Biblioteca escolar. O próximo xoves 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do cole nos gustaría que nos enviedes unha foto cun libro que vos acompañe nestes días de corentena e vos faga máis doado o confinamento. Con elas faremos un mural de lecturas que colgaremos no blog o Día do Libro.


Xa sabes, envía a túa foto poñendo NOME e CURSObiblio.donadisparate@gmail.com antes do 22 de abril. Se non queres, ou te da pereza peitearte, non ten por que saír a túa cara na foto.


Aquí vos deixamos as fotos das mestras da Biblioteca. Esperamos as vosas!!!