Amosando publicacións coa etiqueta equipo Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta equipo Biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2020

Día Mundial do Libro, 23 de abril de 2020

Neste curso tan especial queremos manter algunhas das celebracións da Biblioteca escolar. O próximo xoves 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do cole nos gustaría que nos enviedes unha foto cun libro que vos acompañe nestes días de corentena e vos faga máis doado o confinamento. Con elas faremos un mural de lecturas que colgaremos no blog o Día do Libro.


Xa sabes, envía a túa foto poñendo NOME e CURSO a  biblio.donadisparate@gmail.com antes do 22 de abril. Se non queres, ou te da pereza peitearte, non ten por que saír a túa cara na foto.


Aquí vos deixamos as fotos das mestras da Biblioteca. Esperamos as vosas!!!

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Presentación do blog

O presente blog da biblioteca do CEIP de San Miguel de Reinante é un espazo que pretende servir dunha ventá das nosas actividades de cara ao exterior do centro, así como tamén un espazo de recursos que sirvan para toda a comunidade educativa.
Esperamos que este sexa un bo medio para facer chegar a todos parte do traballo que o profesorado e o alumnado do centro leva a cabo.

Comezamos cun mural que explica o que é para os nenos e nenas do centro unha biblioteca, froito dunha das primeiras actividades do ano chamada "Que é para vós unha biblioteca?"