venres, 27 de novembro de 2020

Día Internacional contra a violencia de xénero

Nesta ocasión todo o centro colaborou coa elaboración dun lazo morado, un dos símbolos contra a violencia de xénero. Cada clase decorou un fragmento deste lazo e o 25 de Novembro fomos uníndoos para obter este resultado:

Tamén colgamos globos no portal con diferentes lemas:


BO CAMIÑO - Etapa 4

Bo día! Na entrada da semana pasada xa tedes publicados os vosos comentarios. Ao final desta entrada tamén están as respostas da etapa 3.

Na etapa desta semana do Camiño do Norte, Dona Disparate ten que atravesar o val de Olatz, que se coñece tamén como "EL VALLE ESCONDIDO".

Como homenaxe ao nome deste sitio, Dona Disparate decidiu esconderse. Pero, con tanta présa por atopar un agocho, caéronlle varios obxectos.


 (Podes ampliar a imaxe facendo clic enriba)

Para Infantil:

1. Fíxate moi ben na foto. Que cousas perdeu Dona Disparate neste lugar?

2. Na foto aparece unha árbore. Podes dicir varios nomes de árbores que coñezas?


Para PRIMARIA:

3. Esta árbore, en castelán, chámase ENCINA. Sabes como se chama en galego?

4. Que froito produce esta árbore?


Deixa a túa resposta en COMENTARIOS.  

🔻 Escribe o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO

Tes unha semana para resolver o reto. O próximo venres se publicarán os comentarios e haberá un novo reto. Ánimo, investigadores!
 

venres, 20 de novembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 3

Bo día a todos e a todas!

Dona Disparate está encantada coa vosa participación, estades animándoa moito no seu camiño. Como sempre, tedes as respostas ao final desta entrada.

Esta semana Dona Disparate aproveitou para facer unha parada nesta praia e probar con outro deporte.

Para Infantil:

1. Que deporte está practicando Dona Disparate?

2. Que necesita para practicar este deporte?

3. Onde poderías practicar ti este deporte?


Para Primaria:

4. En que praia está Dona Disparate? (lembrade que está facendo o Camiño do Norte e aínda non saíu da provincia de Guipúzcoa)

5. O que se ve detrás é o "Monte San Antón", que está en Getaria. Sabes que outro nome ten este monte?


Deixa a túa resposta en COMENTARIOS. 🔻 Non esquezas escribir o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO

Tedes unha semana para resolver o reto. O próximo venres se publicarán os vosos comentarios e teredes un novo reto. Ánimo e a seguir investigando así de ben!


venres, 13 de novembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 2

Chicos, chicas, estamos encantadas coa vosa participación! Cantos comentarios!!! Ao final desta entrada tedes as respostas correctas (en Ler máis...).

Aquí tedes unha nova foto que nos enviou Dona Disparate:

Para Infantil:

1. Cantas esculturas hai na foto?

2. De que material cres que están feitas? 

3. A que se asemellan esas esculturas?

 

Para Primaria:

4. En que cidade do Camiño do Norte está Dona Disparate?

5. Como se chama a escultura que está visitando?

6. E como se chama o artista que a creou?


Podes deixar a túa resposta en COMENTARIOS. 🔻 Non esquezas escribir primeiro o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO

O próximo venres se publicarán os vosos comentarios e teredes un novo reto. Ánimo e a investigar!

venres, 6 de novembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 1

Como ben sabedes Dona Disparate dispúxose a percorrer o

CAMIÑO DE SANTIAGO

Acabamos de recibir a primeira foto da súa aventura e parece que comezou a camiñar con moito ánimo.

Despois de ver esta foto nos xurdiron varias preguntas. Poderías axudarnos?

 

Para Infantil:

1. Que leva no bastón Dona Disparate?

2. En que estación do ano comezou Dona Disparate a facer o Camiño?


Para Primaria:

3. En que cidade comezou Dona Disparate a facer o Camiño?

4. Que ruta do Camiño de Santiago elixiu Dona Disparate?

5. Que significan eses números pintados no chan?


Podes deixar a túa resposta aquí debaixo

🔻onde pon NINGÚN COMENTARIO.

(os comentarios non se publicarán ata o próximo venres, para dar oportunidade a todos de participar sen ver as posibles "solucións" ao reto).

Onde pon "Introduce o teu comentario..." escribe primeiro o teu NOME e CURSO e despois intenta responder ás preguntas. En "Comentar como:" elixe ANÓNIMO.  Ánimo e a investigar! 🔻