Bo día! Na entrada da semana pasada xa tedes publicados os vosos comentarios. Ao final desta entrada tamén están as respostas da etapa 3.
Na etapa desta semana do Camiño do Norte, Dona Disparate ten que atravesar o val de Olatz, que se coñece tamén como "EL VALLE ESCONDIDO".
Como homenaxe ao nome deste sitio, Dona Disparate decidiu esconderse. Pero, con tanta présa por atopar un agocho, caéronlle varios obxectos.
(Podes ampliar a imaxe facendo clic enriba)
Para Infantil:
1. Fíxate moi ben na foto. Que cousas perdeu Dona Disparate neste lugar?
2. Na foto aparece unha árbore. Podes dicir varios nomes de árbores que coñezas?
Para PRIMARIA:
3. Esta árbore, en castelán, chámase ENCINA. Sabes como se chama en galego?
4. Que froito produce esta árbore?
Deixa a túa resposta en COMENTARIOS.
🔻 Escribe o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO.
Tes unha semana para resolver o reto. O próximo venres se publicarán os comentarios e haberá un novo reto. Ánimo, investigadores!