sábado, 21 de decembro de 2024
xoves, 19 de decembro de 2024
Exposición Barreiros cos nosos Ollos
Hoxe por fin rematamos de colocar a nosa Exposición, Barreiros cos nosos Ollos.
Unha iniciativa que se fixo gracias á colaboración de todos e todas vós.
Non esquezades pasar por ela!!
sábado, 30 de novembro de 2024
Comprendendo mellor como funciona un concello
Onte tivemos unha visita moi especial a de Ana Ermida Igrexas, antiga alumna do centro e actual alcaldesa de Barreiros.
Enmarcada esta visita dentro do noso proxecto Exploradores de Barreiros, Ana explicounos como funciona un concello facéndonos ver o concello coma un defensor dos dereitos dos veciños e veciñas.
Tras unha charla do máis interesante con mil e unha preguntas... Convidounos a todos/as a visitar o concello. Nós por suposto que aceptamos! E alí estaremos!!!
luns, 25 de novembro de 2024
Bo día amiguiños e amiguiñas, canto estamos aprendendo do noso entorno con este proxecto!
Hoxe conmemoramos un día que desexamos que deixe de ser conmemorado pero porque deixe de existir a violencia en contra da Muller e en contra de ningún ser vivo.
A primeira hora o alumnado de sexto presentou o seu video sobre o Concello de Barreiros como defensor dos dereitos de todas/os as/os Barreirenses.
Posteriormente representaron a historia de dúas tartarugas que vivían na Lago de Pallares, moi cerquiña nosa, elas chamábanse Arturo e Clementina.
Tras un breve descanso deuse lectura a un manifesto e entre todos fixemos un mural conmemorativo deste día.
venres, 8 de novembro de 2024
Barreiros cos nosos ollos!!!
Vexo tantos lugares fermosos en Barreiros que me gustaría fotagrafalos todos! Pero...as miñas patiñas non me permiten chegar a todos os recunchos! Podedes axudarme?
Samaín
"Hoxe celebramos o Samaín"
Que contento que estou de volver de Comado para a nosa Biblioteca.
Este ano os nenos e nenas estar ensinando moitas cousas do Concello de Barreiros.
Os nenos e nenas de segundo saben moito de San Cosme e con motivo do Samaín contáronos un conto fermosísimo con kamishibai, Carabuñas na fraga do Santo Estevo do Ermo, e tamén proxectaron o video resultado da investigación que fixeron sobre está parroquia!
E despois de comer castañas e tomar chocolate... Fomos mover o bandullo coas familias que nos trouxeron moitos xogos dos que desfrutamos en equipo!!!
xoves, 24 de outubro de 2024
Día das Bibliotecas Escolares.
Por fin chegou o día que levamos preparando dende hai un mes! O día das bibliotecas escolares.
O alumnado de cinco anos deleitounos coa obra en teatro de sombras que narra a miña historia, a de "Pinchos o ourizo" e presenciamos a estrea mundial do video que fixeron unha vez investigaron sobre o pobo de Santiago de Reinante.
Finalizou a xornada co contacontos que as colaboradoras de quinto prepararon.
E como non!! A nosa biblioteca por fin ten nome!!! A Micaela, ainda que estivo moi reñida a votación ata o último momento, tan so separaron catro votos do nome de "A biblioteca de Pinchos o Ourizo" todo unha honra para un pequeno Ourizo coma min.
A Micaela(feminino de Miguel), para quen non o sabe, era o antigo palco dos músicos que había na plaza do Souto, ademáis é unha protagonista da obra teatral de Castelao, "Os vellos non deben de namorarse" unha obra que marcou moito na historia de San Miguel así coma en Barreiros, xa que levou o nome deste concello por múltiples lugares da xeografía galega.
Noraboa a Bruno Ermida!
luns, 7 de outubro de 2024
martes, 1 de outubro de 2024
Saída didáctica
O día 19 deste mes, saímos todos e todas a pasear pola Praia de Arealonga, Pasada e Lóngara.
Acompañáronnos dous veciños que saben moito da historia destas praias, das posta de pesca e do mar en xeral.
Moitas grazas a Tino e Gerardo por tanta xenerosidade.
sábado, 22 de xuño de 2024
Recomendacións lectoras
Chega o remate final amiguiños/as!
Marcho para Comado ver a miña familia durante o verán pero pronto voltarei.
Feliz verán
Pinchos o Ourizo
mércores, 19 de xuño de 2024
Día do Deporte
Como ven sendo xa tradición, durante a Semana Cultural dedicamos un día ao deporte.
Polo xeral nesta xornada os mais pequenos asisten ao Campo do Iberia ( equipo de fútbol de San Miguel) realizar xogos, e os maiores asisten a Unha sesión de piragüismo na ría de Ribadeo.
Debido ao mal tempo non puidemos facer esta xornada de convivencia deportiva e fixemos xogos grupais no polideportivo.
A esta xornada foron convidadasas familias do alumnado que desfrutaron coma nunca.
III GALA DO CINE
Non podíamos poner broche final a este ano de cine e teatro sen a súa Gala de Clausura.
Iniciamos o día cos nenos e nenas de quinto de Infantil que fixeron a premiere da súa película " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Unha peza representante do cine cómico que fixo as delicias de todos e todas.
Posteriormente subiu ao escenario segundo de Educación Primaria que representaron Don Quixote da Mancha, Unha peza teatral que xa representaron polo 23 de abril, día do libro.
O alumnado de quinto e sexto tamén se atreveron a representar a súa Historia da Lingua Galega, visionaramos xa o video que fixeron durante a celebración da Semana das Letras.
Unha vez rematadas estas representacións asistimos ao estreo das películas " A clase maldita" e " Zombies Skool" cortometraxesque fixeron os alumnos de terceiro de quinto e sexto en Proxecto Competencial.
Logo chegou o momento máis esperado da mañá, a entrega dos Migueliños Dourados á mellor obra teatral outorgada a "Os tres porquiños" de quinto de E.I.
Outorgase o galardón á mellor peza de cine mudo "A porta Violeta" de sexto de infantil, mellor peza de cine de medo a "O gato lambón".
Recibe o premio ao mellor musical " Rosalía Pequeniña" de cuarto de Primaria.A mellor peza de cine documental outorgase a " O País dos Mandóns" de terceiro de Educación Primaria.
Don Quixote Da Mancha de segundo de Educación Primaria, recibe o premio a mellor mostra de cine de aventuras e a Historia de Lingua de quinto e sexto de Educación Primaria, leva o premio a mellor mostra de cine histórico.
Clausuramos a gala coa entrega do Migueliño de Ouro a mellor peza de cine cómico que recibe "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de cuarto de educación infantil.
Un ano de cine cun broche de Ouro!!