Amosando publicacións coa etiqueta Lego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lego. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de maio de 2022

Continuamos cos obradoiros LEGO

Esta semana continuamos os obradoiros LEGO co alumnado de 2º a 6º de Primaria. O equipo da Biblioteca preparou esta ruleta con diferentes retos que o alumnado ten que facer por equipos e nun tempo límite.

Algúns dos retos son construír un robot, uns lentes, unha casa, un animal, un labirinto, os seus propios nomes... fixérono xenial!

   


martes, 3 de maio de 2022

Este mes na biblio... LEGO

Continuamos cos obradoiros creativos na biblioteca, nesta ocasión con LEGO e LEGO Duplo.

Todos os grupos virán á biblioteca durante este mes de maio para realizar diferentes actividades e retos con estes materiais. Traballaremos a contrución, a lóxica, a matemática, o deseño, a creatividade, a imaxinación... e por suposto o traballo en equipo e a colaboración.


Ademais dos Lego tamén aproveitamos para probar algún xogo novo: