martes, 31 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 16

Moitas editoriais están poñendo á nosa disposición libros de forma online para que a lectura non pare. Desta vez a editorial Salvat permite o acceso a varios libros ata o 30 de abril. Cada semana poñen títulos novos, así que non o perdas de vista!
https://www.salvat.com/contenido-gratis-covid-19/

Imos agora cun conto clásico:

luns, 30 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 15

Superada a segunda semana de #QuedaNaCasa !!! 
Seguro que a lectura vos está axudando nestes días. Lembrade que...
 

Hoxe vos presentamos un concurso da Editorial Galaxia sobre a lectura no fogar. Tedes toda a información facendo clic na imaxe. O premio é un lote de dez libros a escoller de todo o catálogo da editorial. Animádevos a participar!
http://editorialgalaxia.gal/concurso-para-cativada/

Para comezar esta nova semana vos presentamos uns poemas de "Vento, ventiño, venteiro" que recita o propio autor, Antonio García Teijeiro", coa axuda de Martiño. Non o perdades!

domingo, 29 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 14

A editorial XERAIS pon á nosa disposición catro dos seus títulos para facilitarnos algunhas lecturas en galego nestes días complicados. Elixe o que prefiras e a desfrutar da lectura.

A partir de 6 anos 

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok


A partir de 8 anos 

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar

A partir de 9 anos

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/vaia_tropa_anton_cortizas

Xuvenil

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/dragal_iv_a_estirpe_do_dragon

 



Poñemos un vídeo para os máis peques, xa que non teñen ningún libro para eles (aínda que seguro que se lles ledes o libro de "Feliz feroz" gustaralles moito, o van a entender seguro!).
E AQUÍ tedes unha proposta de actividades para traballar con esta historia.

sábado, 28 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 13

Hoxe propoñémosvos un pequeno taller de escritura creativa. Seguro que coñecedes ao Hematocrítico, autor dos libros "Feliz feroz, o lobiño riquiño", "Rapunzel con piollos", "Axente riciños" ou "O lobo con botas". Todos son libros moi lidos na nosa biblioteca! Pois este escritor e mestre tamén é autor de dous libros titulados "Cuadernito de escritura divertida". A editorial Blackie Books nos ofrece gratis 3 páxinas deste libro para poñer a traballar a nosa imaxinación inventando os títulos de libros máis absurdos que se vos ocorran.
https://www.dropbox.com/s/3dm9zf770i87kkj/CASA%20BLACKIE%20-%20Cuadernito%20de%20escritura%20divertida.pdf?dl=0
O vídeo de hoxe é Lobo Feroz:

venres, 27 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 12

Hoxe vos presentamos a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Tanto se tedes carné dalgunha biblioteca pública como se non, todos podemos acceder durante esta corentena a un montón de libros e películas dun xeito moi sinxelo. Animámoste a que entres e desfrutes cun libro!
https://www.galiciale.gal/

No vídeo de hoxe presentámosvos a unha vaca moi especial.

xoves, 26 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 11

Hoxe vos presentamos un libro que o seu autor pon á nosa disposición para ler nestes días. Non hai máis que fixarse no título!
https://eloymoreno.com/wp-content/uploads/2020/03/CUENTOSCASA.pdf

E o vídeo de hoxe é musical, "Heiche de contar un conto"

mércores, 25 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 10

Hoxe propoñemos aos máis maiores do cole (a partir de 8 ou 9 anos) a que creen un cómic. Para aprender un pouco máis dos cómics a editorial Sallybooks ofrece gratuitamente este caderno de actividades que vos axudará a crear o voso primeiro cómic.
https://www.dropbox.com/s/u25umkoj339w40x/mi_primer_comic_sallybooks.pdf?dl=0

E o vídeo de hoxe é de ratiños. Frederick é un rato, pero tamén é un poeta que nos lembra que para sobrevivir ao inverno os ratos non só necesitan comida senón tamén ARTE coa que encher o seu tempo e as súas mentes (un pouco o que nos pasa tamén a nós nestes momentos).


martes, 24 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 9

Se dicimos:

"Corre corre, cabaciña",

seguro que algún cativo ou cativa responde:

"Corre corre, cabazón"

Aquí vos queda esta historia tan tenra.


luns, 23 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 8

Coñecedes a Elmer? Elmer é un elefante de varias cores ao que lle gusta xogar ás bromas. Un marabilloso conto co que normalizar as diferenzas.

Actividades


domingo, 22 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 7

Seguro que todos e todas coñecedes aos Bolechas. Na biblio hai un montón de libros desta colección e aquí vos deixamos os seus vídeos.

https://www.youtube.com/user/OsBolechas/videos

sábado, 21 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 6

Seguro que coñecedes a web de KALANDRAKA TV. Estrea estes días a nova sección "Contos contados", con sesións de contacontos gratis especialmente pensados para axudar ás familias estes días tan estraños. A idea é que cada día todos os nenos e nenas poidan desfrutar dun conto.
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

venres, 20 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 5

Aquí vos presentamos un conto da nosa biblio que seguro que coñecedes.

https://redsocial.rededuca.net/cebra-camila-numeros


xoves, 19 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 4

Hoxe vos propoñemos, na web da CRTVG, a serie "Os contos do camiño", que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración.
Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

Esperamos os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓.

mércores, 18 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 3

Outra proposta de actividades, esta vez co libro "Orellas de bolboreta".
http://aulasgalegas.org/orellas-de-bolboreta/

A curta de hoxe é sobre outro libro da biblioteca "El Cazo de Lorenzo", unha historia que nos axuda a ver e entender as dificultades que poden ter outros nenos e nenas.

Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!

martes, 17 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 2

Hoxe vos propoñemos algunhas ideas para traballar co seguinte conto.
http://aulasgalegas.org/picoti-picota/
(Fai clic enriba do debuxo)

E claro, a curta de hoxe é a de Cocorico:
Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!

luns, 16 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 1

Dende a Biblioteca do cole tamén queremos axudar a facer estes días máis amenos, polo que cada día teredes unha entrada con diferentes contidos para todas e todos.

Comezamos cunha curta de animación que foi premiada cun premio Oscar neste ano 2020: Hair Love. Que a desfrutedes! (Non te preocupes porque estea en inglés porque case non falan e se entende ben)
 
Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!

xoves, 5 de marzo de 2020

8M

Para conmemorar este 8 de marzo todo o centro está a traballar nun abecedario adicado ás mulleres. Este abecedario foi ilustrado polo deseñador gráfico Manu Arranz (7 codos), proxecto que culminou coa publicación do libro "STRONG. La tipografía de las mujeres que cambiaron el mundo".
https://www.instagram.com/p/Bkam0vklkhY/
https://www.instagram.com/p/Bkam0vklkhY/
https://www.instagram.com/p/Bkam0vklkhY/