domingo, 25 de febreiro de 2024

Día de Rosalía





Que fermoso escribía Rosalía, verdade nenos?

 O día de Rosalía este ano estivo cargado de actividades, unha escritora tan importante ben o merece verdade?

A primeira hora os nenos e nenas viñeron visitarme á biblioteca visionar o video musical que o alumnado de cuarto de primaria elaborou Rosalía Pequeniña.

As fiestras da biblioteca estaban decoradas cun poema de Rosalía " Adeus ríos, adeus fontes" que as colaboradoras escribiron.

Tralo recreo deu comezo a ginkana Rosaliana.

Por equipos internivel foron pasando polos diversos xogos preparados. 

Montar un puzzle xigante de Rosalía, Cantar Rosalía pequeniña, ordear os versos de diferentes poemas, buscar palabras relacionadas coa súa vida e obra nunha sopa de letras, decorar a máscara dun moucho e por último ilustrar poemas.

Foi unha mañá do máis completo, ao finalizar levaron de premio cada un a chapa conmemorativa deste día que fixeron ao longo da semana














martes, 20 de febreiro de 2024

Preparando o día de Rosalía

 Xa que temos gañador do deseño da chapa conmemorativa do Día de Rosalía. Rapidamente nos puxemos mans á obra a facer cada un a nosa chapa!!.

Costoume un chisco pero a miña xa está lista! E a vosa???



As voluntarias da biblioteca andan a escribir versos da nosa escritora máis universal Nas fiestas da biblioteca! Que fermoso escribía







E seica que os nenos e nenas de cuarto andan moi atarefados coa gravación do seu video musical de Rosalía Pequeniña!
Vai ser un día moi emotivo, oín por aí que imos ter unha ginkana literaria e que os nenos e nenas de infantil andan traballando tres dos seus poemas... A ver qué pasa!!



sábado, 17 de febreiro de 2024

Xa Temos gañador!

 Por aplastante maioría en tódolos cursos tras unha rigurosa votación, a chapa ganadora é a de Daniel Fernández Martínez de terceiro curso.

Noraboa Dani, faremos entrega do teu premio o venres 23.



venres, 9 de febreiro de 2024

Unha visita moi especial

 Gústame moito que me veñan visitar, pero recibir antigas alumnas como pasou hoxe... Faime estar feliz!!!




Hoxe Lali fixo un oco e puido virnos visitar... e como estamos nun ano de cine... falounos do seu traballo xa que é cámara! algo fundamental no mundo do cine.

Aínda que hoxe en día se dedica máis a oficina e labores organizativas de programas si nos falou da súa experiencia na rodaxe de series de nivel nacional e algún que outro programa de reportaxes.

Non puido amosarnos todo o que traía preparado, a borrasca Karlotta deixounos sen luz varias horas, pero como temos fío directo pasounos varias imaxes que ela  fixo durante a  rodaxe da serie " Olmos y Robles".

Primeirocapítulo " Olmos y Robles"


 Gracias polo teu tempo Lali