luns, 3 de febreiro de 2025

Celebrando o día da Paz

 Ola de novo amiguiños! 

Que fermosa conmemoración esta do día da Paz!!

    Que mellor exemplo de conviencia en Paz que o Camiño de Santiago, un exemplo de unión de culturas.

O Camiño Norte pasa polo noso concello entrando nel por Vilamartín Pequeno. O alumnado de cuarto tomou a palabra nesta conmemoración facendo un video sobre Vilamartín precisamente. Despois fixeron lectura da adaptacion do conto de Bo Camiño Valentiño, que seica andivo por Vilamartín...



Ao día seguinte, unha tremenda Ginkana organizouse por todo o patio do centro, o obxectivo... atopar o Tesouro de Maeloc



Nesta ginkana aprendimos numerosas curiosidades do noso concello ao mesmo tempo que desfrutamos.



































Pasadas todas as probas entre todos compuxemos a chave que abre o cofre de Maeloc obtendo o seu valioso tesouro, poder vivir en Paz.










Ningún comentario:

Publicar un comentario