Amosando publicacións coa etiqueta Conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conto. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 18

Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Dende 1967, e coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY celebra este día coa intención de poñer en valor os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre a cativada.
https://www.oepli.org/Dia-Internacional-Libro-Infantil

Para celebrar este día aproveitamos que as editoriais seguen dándonos alegrías ofrecendo de forma moi xenerosa máis libros para estes días de lectura na casa. Esta vez Baía Edicións nos propoñen 10 libros para todas as idades. Elixide o voso e a desfrutar da lectura!
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Para 4-6 anos

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/NubeBranca_PabloNogueira_Uhia_BaiaEdicions.pdf

 https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/UnDiaDeTreboada_MariadeMata_BaiaEdicions.pdf

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/ODragonComemedo_RuAn_BaiaEdicions.pdf

Para 7-8 anos

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/ACasaMaisAnimada_CristinaSaezCazallas_BaiaEdicions.pdf

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/OTempoDoReves_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

Para 9-10 anos

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/BoaSorte_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/Moko_CristinaSaezCazallas_BaiaEdicions.pdf

Para maiores de 12 anos


https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/AHerdanzaDoMarques_ConchiRegueiro_BaiaEdicions.pdf

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/DiarioDunhaNoiteboa_MJGonzalezOutes_BaiaEdicions.pdf

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/Liliput_ManuelLugris_BaiaEdicions.pdf


Hoxe temos un "Conto contado" de Kalandraka. Seguro que o coñecedes. Fai clic no libro para ver o vídeo.
http://www.kalandraka.tv/gl/video/bealua

luns, 30 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 15

Superada a segunda semana de #QuedaNaCasa !!! 
Seguro que a lectura vos está axudando nestes días. Lembrade que...
 

Hoxe vos presentamos un concurso da Editorial Galaxia sobre a lectura no fogar. Tedes toda a información facendo clic na imaxe. O premio é un lote de dez libros a escoller de todo o catálogo da editorial. Animádevos a participar!
http://editorialgalaxia.gal/concurso-para-cativada/

Para comezar esta nova semana vos presentamos uns poemas de "Vento, ventiño, venteiro" que recita o propio autor, Antonio García Teijeiro", coa axuda de Martiño. Non o perdades!

venres, 27 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 12

Hoxe vos presentamos a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Tanto se tedes carné dalgunha biblioteca pública como se non, todos podemos acceder durante esta corentena a un montón de libros e películas dun xeito moi sinxelo. Animámoste a que entres e desfrutes cun libro!
https://www.galiciale.gal/

No vídeo de hoxe presentámosvos a unha vaca moi especial.

xoves, 26 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 11

Hoxe vos presentamos un libro que o seu autor pon á nosa disposición para ler nestes días. Non hai máis que fixarse no título!
https://eloymoreno.com/wp-content/uploads/2020/03/CUENTOSCASA.pdf

E o vídeo de hoxe é musical, "Heiche de contar un conto"

mércores, 25 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 10

Hoxe propoñemos aos máis maiores do cole (a partir de 8 ou 9 anos) a que creen un cómic. Para aprender un pouco máis dos cómics a editorial Sallybooks ofrece gratuitamente este caderno de actividades que vos axudará a crear o voso primeiro cómic.
https://www.dropbox.com/s/u25umkoj339w40x/mi_primer_comic_sallybooks.pdf?dl=0

E o vídeo de hoxe é de ratiños. Frederick é un rato, pero tamén é un poeta que nos lembra que para sobrevivir ao inverno os ratos non só necesitan comida senón tamén ARTE coa que encher o seu tempo e as súas mentes (un pouco o que nos pasa tamén a nós nestes momentos).


martes, 24 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 9

Se dicimos:

"Corre corre, cabaciña",

seguro que algún cativo ou cativa responde:

"Corre corre, cabazón"

Aquí vos queda esta historia tan tenra.


domingo, 22 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 7

Seguro que todos e todas coñecedes aos Bolechas. Na biblio hai un montón de libros desta colección e aquí vos deixamos os seus vídeos.

https://www.youtube.com/user/OsBolechas/videos

sábado, 21 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 6

Seguro que coñecedes a web de KALANDRAKA TV. Estrea estes días a nova sección "Contos contados", con sesións de contacontos gratis especialmente pensados para axudar ás familias estes días tan estraños. A idea é que cada día todos os nenos e nenas poidan desfrutar dun conto.
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

venres, 20 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 5

Aquí vos presentamos un conto da nosa biblio que seguro que coñecedes.

https://redsocial.rededuca.net/cebra-camila-numeros


xoves, 19 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 4

Hoxe vos propoñemos, na web da CRTVG, a serie "Os contos do camiño", que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración.
Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

Esperamos os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓.

mércores, 18 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 3

Outra proposta de actividades, esta vez co libro "Orellas de bolboreta".
http://aulasgalegas.org/orellas-de-bolboreta/

A curta de hoxe é sobre outro libro da biblioteca "El Cazo de Lorenzo", unha historia que nos axuda a ver e entender as dificultades que poden ter outros nenos e nenas.

Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!

martes, 17 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 2

Hoxe vos propoñemos algunhas ideas para traballar co seguinte conto.
http://aulasgalegas.org/picoti-picota/
(Fai clic enriba do debuxo)

E claro, a curta de hoxe é a de Cocorico:
Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!