xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares.

 Por fin chegou o día que levamos preparando dende hai un mes! O día das bibliotecas  escolares.

O alumnado de cinco anos deleitounos coa obra en teatro de sombras que narra a miña historia, a de "Pinchos o ourizo" e presenciamos a estrea mundial do video que fixeron unha vez investigaron sobre o pobo de Santiago de Reinante.







Finalizou a xornada  co contacontos que as colaboradoras de quinto prepararon.




E como non!! A nosa biblioteca por fin ten nome!!! A Micaela, ainda que estivo moi reñida a votación ata o último momento, tan so separaron catro votos do nome de "A biblioteca de Pinchos o Ourizo" todo unha honra para un pequeno Ourizo coma min.

A Micaela(feminino de Miguel), para quen non o sabe, era o antigo palco dos músicos que había na plaza do Souto, ademáis é unha protagonista da obra teatral de Castelao, "Os vellos non deben de namorarse" unha obra que marcou moito na historia de San Miguel así coma en Barreiros, xa que levou o nome deste concello por múltiples lugares da xeografía galega. 

Noraboa a Bruno Ermida!

luns, 7 de outubro de 2024

Formando colaboradores.

 E aquí estamos un ano máis formando aos/as novos/as colaboradores/as.



martes, 1 de outubro de 2024

Saída didáctica

 O día 19 deste mes, saímos todos e todas a pasear pola Praia de Arealonga, Pasada e Lóngara.

 Acompañáronnos dous veciños que saben moito da historia destas praias, das posta de pesca e do mar en xeral. 

Moitas grazas a Tino e Gerardo por tanta xenerosidade.



Voltamos con forza!!!

 Preparad@s para un ano de moita exploración. 

Benvidos Explorador@s de Barreiros!!!