Chega o remate final amiguiños/as!
Marcho para Comado ver a miña familia durante o verán pero pronto voltarei.
Feliz verán
Pinchos o Ourizo
Chega o remate final amiguiños/as!
Marcho para Comado ver a miña familia durante o verán pero pronto voltarei.
Feliz verán
Pinchos o Ourizo
Como ven sendo xa tradición, durante a Semana Cultural dedicamos un día ao deporte.
Polo xeral nesta xornada os mais pequenos asisten ao Campo do Iberia ( equipo de fútbol de San Miguel) realizar xogos, e os maiores asisten a Unha sesión de piragüismo na ría de Ribadeo.
Debido ao mal tempo non puidemos facer esta xornada de convivencia deportiva e fixemos xogos grupais no polideportivo.
A esta xornada foron convidadasas familias do alumnado que desfrutaron coma nunca.
Non podíamos poner broche final a este ano de cine e teatro sen a súa Gala de Clausura.
Iniciamos o día cos nenos e nenas de quinto de Infantil que fixeron a premiere da súa película " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" Unha peza representante do cine cómico que fixo as delicias de todos e todas.
Posteriormente subiu ao escenario segundo de Educación Primaria que representaron Don Quixote da Mancha, Unha peza teatral que xa representaron polo 23 de abril, día do libro.
O alumnado de quinto e sexto tamén se atreveron a representar a súa Historia da Lingua Galega, visionaramos xa o video que fixeron durante a celebración da Semana das Letras.
Unha vez rematadas estas representacións asistimos ao estreo das películas " A clase maldita" e " Zombies Skool" cortometraxesque fixeron os alumnos de terceiro de quinto e sexto en Proxecto Competencial.
Logo chegou o momento máis esperado da mañá, a entrega dos Migueliños Dourados á mellor obra teatral outorgada a "Os tres porquiños" de quinto de E.I.
Outorgase o galardón á mellor peza de cine mudo "A porta Violeta" de sexto de infantil, mellor peza de cine de medo a "O gato lambón".
Recibe o premio ao mellor musical " Rosalía Pequeniña" de cuarto de Primaria.A mellor peza de cine documental outorgase a " O País dos Mandóns" de terceiro de Educación Primaria.
Don Quixote Da Mancha de segundo de Educación Primaria, recibe o premio a mellor mostra de cine de aventuras e a Historia de Lingua de quinto e sexto de Educación Primaria, leva o premio a mellor mostra de cine histórico.
Clausuramos a gala coa entrega do Migueliño de Ouro a mellor peza de cine cómico que recibe "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de cuarto de educación infantil.
Un ano de cine cun broche de Ouro!!
Inmersos en plena semana cultural, hoxe desfrutamos do Día do Teatro de mans da compañía os Ghazafellos.
Posteriormente fixose entrega dos premios de cooperativismo no Ensino.
Hoxe fixemos entrega dos diplomas aos nosos voluntarios e voluntarias. Moitas gracias rapaces e rapazas!
Gustaríanos mellorar o funcionamento da nosa biblioteca pero para iso precisamos saber túa opinión, axúdasnos a mellorar?
Grazas
Botasnos unha man para tratar de mellorar a nosa biblioteca?
Cumprimenta este formulario.
Este mércores pequenos e grandes desfrutamos dun marabilloso concerto didáctico que nos ofertou a Escola de Música de Foz e na que poidemos ESCOITAR varias bandas sonoras moi coñecidas por todos e todas.
Grazas ao concello de Barreiros e grazas a Escola de música por este gran concerto.