luns, 9 de marzo de 2026

Conmemoramos o 8M

 Hoxe día nove de marzo, un día despois día Internacionalda Muller, fixemos unha serie de actos conmemorativos.

O alumnado de sexto de Educación Infantil, achegáronos á figura de varias escultores ao longo da historia, amosándonos as súas creacións ao estilo de cada unha delas.








E non podía faltar un contacontos, os voluntari@s de quinto relatáronos o conto de Maruxa, unha muller de aldea cansa  de traballar e que o seu marido non lle axudara nunca.

O conto deu lugar a un debate sobre a necesidade de compartir as tarefas no fogar.


No recreo iniciamos un obradoiro de cianotipo que se desenvolverá ao longo de toda a semana, os resultados son espectaculares. 











venres, 6 de marzo de 2026

Semana a Prensa

 O venres poñeremos nome aos gañador@s do concurso "Fai a tua nova".

Aínda estades a tempo para entregar ao longo da semana que ven... 




Actos previstos para o 8 de marzo

O día 8 ven cargado de Actividades do máis variadas e artísticas!!! 

Estades preparados?



Concurso fai a túa nova

 

Que nova che gustaría ocurrira en Barreiros?  Participa!



Seguimos con lecturas en familia

 A semana pasada continuaron a participar familias na lectura en familias.




luns, 2 de marzo de 2026

Km de solidariedade

 Hoxe chegou o material que recolectamos no centro con motivo do día da Paz, a tres escolas do Sahara: 

Dcheira, Aiun

 Imsid, Bojador

 Iguera, Auserd

Dicir que os portes foron asumidos polo Concello de Barreiros na maior parte e as colaboradoras.

Grazas a tod@s hoxe podemos ver estes sorrisos.















martes, 24 de febreiro de 2026

Celebramos o Día de Rosalía na radio da biblio.

 

Con motivo do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 1º de Educación Primaria quixo sumarse á celebración dun xeito moi especial: recitando o poema “Vamos bebendo” da nosa querida autora.

A recitación realizouse desde a nosa emisora escolar, Pinchos nas ondas, a radio da biblioteca, convertendo este espazo nun lugar onde a literatura tamén se escoita e se comparte a través das ondas.

Foi unha experiencia moi bonita na que o alumnado de primeiro puxo voz á poesía de Rosalía de Castro, achegándose á súa obra dun xeito participativo e creativo.

A continuación podedes escoitar a súa recitación e celebrar connosco a forza e a beleza da poesía de Rosalía.



luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 Hoxe conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. 

Esta muller, a parte do dominio das Letras, tamen fixo algunha que outra incursión na pintura, facendo pequenos bocetos de carácter costumbrista, como moitos dos temas  dos seus poemas.

O alumnado de segundo fixo unha exposición sobre a vida de Rosalía, e con moito arte decorou o vestido con diversos poemas da poeta decorados por eles.

Tralo paso pola exposición, iniciamos un roteiro poético ao lado de diversos elementos que impregnan os seus poemas: o río, as fontes, as campás, e para remate tivemos música trala lectura do poema " Un repoludo gaiteiro" disfrutamos bailando ao son da gaitiña ao son do tambor che pido que cantes meniña por dios..."

Grazas Xoán por poñer a nota musical ao día!