luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 Hoxe conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. 

Esta muller, a parte do dominio das Letras, tamen fixo algunha que outra incursión na pintura, facendo pequenos bocetos de carácter costumbrista, como moitos dos temas  dos seus poemas.

O alumnado de segundo fixo unha exposición sobre a vida de Rosalía, e con moito arte decorou o vestido con diversos poemas da poeta decorados por eles.

Tralo paso pola exposición, iniciamos un roteiro poético ao lado de diversos elementos que impregnan os seus poemas: o río, as fontes, as campás, e para remate tivemos música trala lectura do poema " Un repoludo gaiteiro" disfrutamos bailando ao son da gaitiña ao son do tambor che pido que cantes meniña por dios..."

Grazas Xoán por poñer a nota musical ao día!










Ningún comentario:

Publicar un comentario