venres, 21 de febreiro de 2025

Día de Rosalía co sabor da emigración

 Hoxe saímos a pasear e conmemorar o día da nosa poeta máis universal 

Rosalía dedicou varios poemas á emigración algo moi visible en Barreiros, por eso hoxe equipados dos nosos poemas saímos por San Miguel  a recitar estes poemas diante de enclaves relacionados coa diferentes emigrantes do pobo. 

Tivemos a gran sorte de que nos acompañaran María Mercedes e Amoedo a relatarnos as historias dos seus avós, Antonio Mosquera Otero e Julián Díaz Moreda.

Tamén lemos un poema dun escritor e emigrante do pobo, Inocencio González Remior poema que escribiu cando marchou rumbo a Cuba. 

Tralo roteiro polos barrios do pobo vimos o video que os nenos e nenas fixeron da parroquia de Benquerencia, parroquia na que xurdiu a primeira sociedade de emigrantes en Cuba no ano 1906 e propulsora da Escola de Canteiro.











xoves, 20 de febreiro de 2025

Os Mandatos do Meco con sabor Barreirense

 




Comparsa Os Macanudos

 Que fermosa visita tivemos hoxe, parte dos compoñentes dos Macanudos viñeron falarnos de como viven eles o seu Carnaval, explicándonos a historia da súa comparsa, ensináronos os seus marabillosos tocados e deixáronos tocar os seus instrumentos.

Un taller do máis bonitiño e encima tivemos premio, unha super medalla feita con todo o corazón.

Gracias pola visita, vémonos no noso entroido.








Saberes Migrantes

 Xa Tedes nas vosas casas a folla de carballo que Silvia nos deixóu, agora tócavos a vós investigar Nas cosas casas.

Calquera dúbida que poidades ter consultadea neste correo biblio.donadisparate@gmail.com





luns, 17 de febreiro de 2025

Follas Novas Saberes Migrantes

 Canto aprendín hoxe do noso pasado!.

 Hoxe visitou o centro Silvia Fiallega pertencente a Rede Museística de Lugo. 

Silvia fíxonos reflexionar sobre a gran aportación que os emigrantes barreirenses fixeron para a cultura e a educación dos seus veciños e veciñas.

Ademais convidounos a reflexionar e rememorar as nosas historias persoais e falar de algún migrante na familia.

Todos imos levar a plantilla dunha filla de carballo. Nela escribiremos a historia dese familiar que tivo que emigrar, por que emigrou como lle foi nese novo lugar.

Se non sabedes escribir, non hai problema podedes facer un debuxo, un collage con fotos de emigrantes (eso si fotocopias da imaxe!)

Todas esas super aportacións que nos fagades chegar irán para o Primeiro Museo da Emigración en Lugo! Todo un reto verdade? 

Veña! Bulide nen@s toca explorar o noso pasado emigrante, ben a Cuba, Arxentina, Brasil... Ou  a Suiza, Francia, Bélxica...

Se precisades calquera tipo de axuda, non dubidedes en preguntar ben na biblioteca, ao titor ou enviando un correo ao correo da biblioteca . 

Espero a vosa axuda!!!

biblio.donadisparate@gmail.com













venres, 14 de febreiro de 2025

Deseña o teu disfraz

 Despois do éxito que tivo esta actividade na ginkana feita polo día da Paz, decidimos deixar unhos periódicos para poder seguir deseñando.



Día do amor e a amizade.

 Deixamos as nosas palabras de cariño as nosas familias e amigos/as no tendedeiro.



martes, 11 de febreiro de 2025

Actos Día de Rosalía

 

A actividade do día trece foi adiada debido á climatoloxía, faremos a saída o día 7 de marzo.

https://comunidadermpl.gal/follas-novas-saberes-migrantes/?fbclid=IwY2xjawIZQNZleHRuA2FlbQIxMQABHVjTVLTMQfolDgKH7MewJvbahMecoZSkZ5VjiayumtvQMO930Yn76lKktA_aem_laJCnshDcYcgSK_Aob51Tw&sfnsn=scwspwa