venres, 28 de abril de 2023

Esta semana no recuncho Maker... robótica

 Algúns nenos xa se iniciaron o ano anterior no mundo da robótica explicando aos compañeiros o funcionamento do Beeboot.

Hoxe a maiores fixemos dous equipos e estreamos o taboeiro co mapa do mundo. Un xogo para localizar diversos accidentes xeográficos a nivel mundial que require busca de información e posteriormente plasmar todo no mapa co axuda dos Beeboot.


xoves, 27 de abril de 2023

Día do libro

 O 24 de abril convertemos a biblioteca nun teatro, e de mans dos nosos compañeiros/as desfrutamos das aventuras e desventuras de Din Quixote da Mancha. Noraboa a todo o grupo de teatro, sodes xeniais!






























domingo, 23 de abril de 2023

Visita do ilustrador Leandro Lamas

 Con motivo da conmemoración do día do libro, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Leandro Lamas co que fixemos un obradoiro de debuxo.




Mañá día 24 continuaremos coa conmemoración deste día coa representación da obra Don Quixote da Mancha a cargo do equipo de teatro da Biblioteca do Ceip San Miguel.
Estades convidados!!!





Preparando o día do libro. ...





 Que andaremos a argallar???





mércores, 8 de marzo de 2023

8 Marzo e semana da Prensa

Para conmemorar esta data fundamental realizamos diferentes actividades ao longo destas dúas semanas.
A pasada semana os nenos e nenas foron traendo noticias sobre logros de mulleres. Na biblioteca as colaboradoras e colaboradores foron preparandoas e colocándoas en cartolinas para facer un mural.

Os días 6 e 7 de marzo durante os recreos elaboramos un Obradoiro de Cianotipo cos nenos facendo unha silueta de muller.


No día internacional da Muller o alumnado de sexto curso elaborou un manifesto en pro da igualdade. 
O resto do alumnado foron colocando o nome das súas mulleres máis admiradas, unha pequena homenaxe a esas "nosas loitadoras" escoitando a canción de Guadi Galego Matriarcas 




sábado, 4 de marzo de 2023

Día de Rosalía

 Para conmemorar este día deseñáronse varias actividades en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.

Primeiramente realizouse un obradoiro elixindo imaxes de distintos xornais e revistas que significaran algo para os nenos e nenas. Posteriormente estas pegáronse ao redor do rostro de Rosalía e fóronse escribindo e  pegando palabras que nos inspiraban esas imaxes no rostro de Rosalía o resultado foi espectacular.

Posteriormente  a concelleira de igualdade Montse Porteiro fixo lectura do manifesto realizado polos Escritores en Lingua Galega.

O alumnado de quinto e sexto fixeron lectura de varios poemas da nosa escritora máis universal.

 O alumnado de Infantil traballou o poema Parece unha Rosa agasallando ás súas familias cunha rosa feita por eles.





xoves, 16 de febreiro de 2023

Xoves, chegan os peliqueiros

 




Mardi Gras

 Verde, dourado e morado as cores do Mardi Gras de Nova Orleáns.