mércores, 8 de marzo de 2023

8 Marzo e semana da Prensa

Para conmemorar esta data fundamental realizamos diferentes actividades ao longo destas dúas semanas.
A pasada semana os nenos e nenas foron traendo noticias sobre logros de mulleres. Na biblioteca as colaboradoras e colaboradores foron preparandoas e colocándoas en cartolinas para facer un mural.

Os días 6 e 7 de marzo durante os recreos elaboramos un Obradoiro de Cianotipo cos nenos facendo unha silueta de muller.


No día internacional da Muller o alumnado de sexto curso elaborou un manifesto en pro da igualdade. 
O resto do alumnado foron colocando o nome das súas mulleres máis admiradas, unha pequena homenaxe a esas "nosas loitadoras" escoitando a canción de Guadi Galego Matriarcas 




Ningún comentario:

Publicar un comentario