venres, 29 de xaneiro de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 11

Aquí están as últimas fotos que acabamos de recibir de Dona Disparate. Nesta ocasión está visitando un edificio moi orixinal:

Para INFANTIL:

1. Que elementos aparecen nos azulexos do edificio?

2. Quen imaxinas que podería vivir nesta casa tan orixinal? Ou quen te gustaría que vivise nesta casa?

 

Para PRIMARIA:

3. Para descubrir o nome da localidade na que se atopa Dona Disparate tes a seguinte pista (si, é o nome en castelán deste signo ortográfico):

4. O nome do edificio é "VILLA QUIJANO", pero coñécese tamén con outro nome. Sabes cal é?

5. Por último, podes dicir que arquitecto deseñou este edificio?


Non esquezas escribir NOME e CURSO na resposta. 

venres, 22 de xaneiro de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 10

Na etapa desta semana Dona Disparate atópase nunha localidade mentireira. Si, si, mentireira! Hai un refrán en castelán que di desta localidade:

"Ni es santa, ni es llana, ni tiene mar"

 

Moi preto deste lugar está unha das covas máis importantes de España e do mundo! De feito dixeron dela que era a "Capela Sixtina" da arte rupestre.

 

Para INFANTIL:

1. Que pinturas podes ver na cova?

2. Como cres que vivían as persoas que fixeron esas pinturas, na prehistoria?

 

Para PRIMARIA:

3. Busca o refrán nun buscador (Google, por exemplo) e di en que localidade está Dona Disparate.

4. Como se chama a cova onde están esas pinturas rupestres?

5. Por que cres que esta cova é tan importante?

 

Escribe NOME e CURSO na túa resposta.

venres, 15 de xaneiro de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 9

Pasadas as vacacións volvemos ter noticias de Dona Disparate! Nesta ocasión envíanos unha foto con estas esculturas que están nun lugar moi recoñecible da costa do Cantábrico.

Para INFANTIL:

1. Cantas esculturas de nenos aparecen na imaxe?

2. Que fan eses nenos? Cres que pode ser perigoso?

 

Para PRIMARIA:

3. En qué localidade están as esculturas da imaxe?

4. Esta cidade é a capital dunha comunidade autónoma. Cal?

 

Non esquezas poñer NOME e CURSO na túa resposta.

venres, 25 de decembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 8

Dona Disparate está pasando o Nadal nesta localidade que vedes na foto:


 

Para INFANTIL:

1. Que prendas de roupa leva o boneco de neve?

2. Cantas palabras aparecen na árbore de Nadal?

 

Para PRIMARIA:

3. É unha localidade de costa ou de interior?

4. En que localidade está Dona Disparate? Como pista, aquí tes un xeroglífico. Só tes que xuntar o nome destas tres notas para adiviñar o nome deste lugar:


Non esquezas poñer NOME e CURSO na túa resposta.

venres, 18 de decembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 7

Dona Disparate está encantada coa vosa participación na última etapa. Grazas a vós atópase moi animada, pese a que terá que pasar estas datas lonxe da súa casa.

Aquí tedes as últimas fotos que acaba de enviar:

Para INFANTIL:

1. Que peza de roupa de estrea leva Dona Disparate?

2. Que construcións ves nas fotos?

 

Para PRIMARIA:

Dona Disparate xa está na Comunidade Autónoma de Cantabria. A cidade na que se atopa fundouse hai case 2.000 anos, na época romana, co nome de FLAVIOBRIGA.

3. Sabes como se chama na actualidade esa cidade?

4. Que mar baña as costas desta cidade e de toda a costa de Cantabria?


Non esquezas poñer NOME e CURSO na túa resposta.

venres, 11 de decembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 6

Bo día, Dona Disparate!

Para INFANTIL:

1. Que animal representa a escultura?

2. De que está feita a escultura?

 

Para PRIMARIA:

3. Cal é o nome do edificio que aparece na foto?

4. E o nome da escultura floral?

5. En que cidade está Dona Disparate?


Escribe NOME e CURSO na resposta.

venres, 4 de decembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 5

Esta semana, despois de recuperar os obxectos que perdera e mercar algunhas máscaras, Dona Disparate chegou a esta localidade. O seu nome é o mesmo que o cadro que aparece no fondo da fotografía.

(Fai clic enriba da imaxe para ampliala)

Para INFANTIL:

Podedes ver aquí o cadro orixinal:

(Para ver a imaxe máis grande podes facer clic enriba)

1. Que animais aparecen no cadro?

2. De que cores está pintado este cadro?


Para PRIMARIA:

3. Como se chama o cadro (e a localidade) que aparece detrás de Dona Disparate?

4. Quen foi o autor desta obra de arte?


🔻 Non esquezas poñer o teu NOME e CURSO 

Deixa a túa resposta en COMENTARIOS.

Aquí tedes as solucións da etapa anterior.↓↓↓