Dona Disparate pasouno pipa nos diversos xogos do Samaín que como novidade este ano, contaron coa participación directa das familias na proposta dos mesmos.
Ao longo de todo o mes, recompiláronse varias lendas do concello de Barreiros, unha delas era a lenda de San Miguel de Vilachá. Tom Arenas puxo o broche final a esta recompilación cunha representación da lenda con títeres. Trala representación explicounos o mecanismo dos títeres e como é o seu teatrillo por dentro
Como punto final a este Samaín de medo Dona Disparate deixóu varios modelos para facer os nosos taumátropos de medo.
E para non deixar de ler ... Fantástica selección de libros de medo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario