venres, 16 de abril de 2021

BO CAMIÑO - Etapas 19 e 20

Bo día!

Dona Disparate está ben, soamente tardou un pouco máis en enviar fotos porque quedou sen batería no móbil e, como é tan despistada, nin se dera conta.

Cando cargou a batería leu todas as vosas mensaxes de ánimo e enviounos estas fotos:


Nesta etapa Dona Disparate está na desembocadura dun pequeno río que separa os concellos asturianos de El Franco e Tapia de Casariego.

Alí hai un esteiro (zona de costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar) no que Dona Disparate aproveitou para merendar e descansar un pouco.

 

Para Infantil:

1. Na primeira foto hai un aparello moi divertido que podemos atopar nos parques infantís. Que é?

2. Cales son os teus xogos favoritos dos parques infantís?

 

Para Primaria:

3. Coas pistas que tes máis arriba, sabes onde está Dona Disparate?

4. Que cres que debería facer Dona Disparate cando chegue a Barreiros?

 

Non esquezas NOME e CURSO no comentario.



Na etapa 18 Dona Disparate estaba en CUDILLERO (ou CUIDEIRU en asturiano), unha VILA do occidente asturiano. O xentilicio da xente deste lugar é CUDILLERENSE, pero tamén podedes escoitar a palabra PIXUETO.

O barco no que estaba Dona Disparate na última etapa funcionaba cun motor, pero tamén levaba os remos por se quedaba sen combustible.

11 comentarios:

  1. Paula B.6ª
    1-Non sei cal e.
    2-Vir a vernos.

    ResponderEliminar
  2. Alejo 3°primaria
    3-Río Porcía
    4-Vir cortar o pelo a perruquería

    ResponderEliminar
  3. Sara G.P. 2primaria

    3. Puede ser Porcía?
    4. Visitar el Yacimiento arqueológico, luego visitar el cole y de la que se va puede ir a San Esteban.

    ResponderEliminar
  4. Bruno Mauriz López curso 5 de primaria. Respuesta 3: En el río de Porcía . Respuesta 4: Debería visitar as praias.

    ResponderEliminar
  5. Vega Martínez Río.4 de infantil.
    É unha randeeira.
    O q mais me gusta dos parques infantís son os tobogáns e as randeeiras.

    ResponderEliminar
  6. 1ª COLUMPIO
    2ª TOBOGÁN, COLUMPIO ,BALANCÍN

    ResponderEliminar
  7. CELICIA 5 ANOS
    1ª COLUMPIO
    2ª TOBOGÁN, COLUMPIO, BALANCÍN

    ResponderEliminar
  8. CLASE DE 5 ANOS.

    OLA DONA DISPARATE, BOS DÍAAS!
    COMO VAI PO CAMIÑO? QIE YTAL ESTÁS?

    1. UN COLUMPIO.
    2. TOBOGÁN, EXPLORAR, BARRAS, O PILLA PILLA E O COULMPIO. CAL É O TEU XOGO FAVORITO?

    MAÑÁ É O TEU CUMPLE! FELICIDADES PARA MAÑÁ! PARABÉNS!
    SE QUERES MANDÁMOSCHE UNS LIBROS PARA O CAMIÑO E UNS COMICS.E UN MAPA.

    QUEREMOSCHE PREGUNTAT AONDE DURMES?
    BO CAMIÑO. QUEREMOSTE.
    ADEUS.BICOS E APERTAS.

    ResponderEliminar
  9. Miguel B 4 de primaria
    Non se
    Ir a vernos

    ResponderEliminar
  10. Paula 2°ep
    Na praia de Porcía.
    Debería vir a visitarnos.

    ResponderEliminar
  11. Paula 2°ep
    Na praia de Porcía.
    Debería vir a visitarnos.

    ResponderEliminar