venres, 5 de marzo de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 16

Dona Disparate xa percorreu a metade das etapas do camiño do Norte. Esta semana chegou a unha cidade na que todo é moi grande.

Tanto é así que non teñen un "molino" normal, teñen un "MOLINÓN"!

Nesta imaxe vemos a Dona Disparate visitando un monumento tamén moi grande:


Para Infantil:

1. Sabes de que material está feito?

2. A que se asemella este monumento? Tes que botarlle moita imaxinación!

 

Para Primaria:

3. En que cidade asturiana está Dona Disparate?

4. Quen é o artista que creou este monumento? (PISTA: este artista xa apareceu na ETAPA 2 do camiño. Podes buscar esta etapa na columna da dereita, onde pon "ARQUIVO DO BLOG")

5. Co nome da cidade e do artista xa saberás o nome do monumento...

 

DONA DISPARATE agradécevos moito que participedes nestes retos. Se queredes podedes deixarlle unha mensaxe de ánimo no voso comentario (non esquezas NOME e CURSO).

 

Na etapa 15 Dona Disparate estaba no Museo do Xurásico de Asturias, en COLUNGA, na rasa de San Telmo. A principal teoría que explica a desaparición dos dinosauros é o impacto dun gran meteorito na Terra hai xa 65 millóns de anos!

Os nenos e nenas de infantil coñecen moitos nomes de dinosauros!

- Alosaurio

- Tiranosaurio ou T-Rex

- Diplodocus

- Triceratops

- Velociraptor

- Gallimimo

 

De ovos tamén nacen... as galiñas, os patos, as tartarugas, os pitiños, os crocodilos, as serpes, os caimáns e moitísimos máis!

7 comentarios:

  1. Alejo 3°primaria
    3-Gijón
    4-Eduardo Chillida
    5-Elogio del Horizonte

    ResponderEliminar
  2. Vega Martínez Río. 4 de infantil.
    Está Feito de hormigón.
    Asemellase a unha ferradura.
    Ánimo Dona Disparate vas a conseguilo.

    ResponderEliminar
  3. Bruno Mauriz López curso 5 de Primaria. Pregunta 3: Gijón Asturias. Pregunta 4: Eduardo Chillida. Pregunta 5: Elogió del Horizonte.

    ResponderEliminar
  4. Paula 2° Primaria
    Está en Gijón xunto ao "Elogio del Horizonte" obra de Eduardo Chillida.
    Ánimo Dona Disparate que logo chegas a Galicia!

    ResponderEliminar
  5. Paula 2° Primaria
    Está en Gijón xunto ao "Elogio del Horizonte" obra de Eduardo Chillida.
    Ánimo Dona Disparate que logo chegas a Galicia!

    ResponderEliminar
  6. Sara G.P. 2 primaria

    3. Dona Disparate esta en Gijón.
    4. Eduardo Chillida.
    5. Elogio del horizonte.

    ResponderEliminar
  7. CECILIA MARIÑA FRAGA 6º ED. INFANTIL
    1ª.- CEMENTO,HORMIGÓN
    2ª.-VÁTER

    ResponderEliminar