Hoxe imos coa derradeira sesión de contacontos do "Club das Lerchiñas". Se aínda non tiveches ocasión de velos, estes contacontos estarán dispoñibles ata o 19 de xuño no canal de Youtube da Cidade da Cultura.
Neste ocasión temos á escritora Ledicia Costas, que relata dun xeito ben divertido o seu libro Conexión
macarrón.
SINOPSE: A Espe e a Rino non lles gustan nada os paraugas, por iso
agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor
fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían
que os acompañase á casa.
Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno
andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas
sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e
nalgún momento confesou que tiña antenas.
Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían
facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario