Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que adicamos este ano á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Aínda que os actos oficiais quedaron adiados ata o 31 de outubro, hoxe se celebrará con algunhas actividades virtuais. Unha delas é un contacontos e un obradoiro de debuxo sobre a figura de Carvalho Calero que organiza a Secretaría Xeral de Emigración. Se emitirá hoxe ás 16 h. a través do Facebook Live de GaliciaAberta. Se non tedes ocasión de velo en directo poderedes ver o vídeo en calquera outro momento na mesma páxina.
Tamén podedes participar no I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020 que se organiza con motivo das Letras Galegas 2020. Consiste en plasmar nunha obra o que é para ti o galego e as nosas letras. Podedes participar todos os nenos e nenas de 3 ata 12 anos e podedes gañar unha visita en familia a Marcelle Natureza, un lote de libros ou un patinete.
Preme no cartel para ter máis información e participar neste certame (tedes ata o 31 de maio para participar):
Ningún comentario:
Publicar un comentario