martes, 21 de outubro de 2025

Día das Bilbliotecas Escolares

 Ola amiguiños! XA ESTOU DE NOVO AQUÍ! O verán sentoume moi ben: xoguei moito, paseei moito por Barreiros e descubrín unha gran nova pasión O ARTE  en todas as súas disciplinas. 

Pintura, escultura, literatura... e quero compartir este curso con vós? Que vos parece?

Xa temos todo preparado,  para o venres.. estades preparad@s.



martes, 14 de outubro de 2025

A radio chega ao cole!


Temos unha nova moi especial: fomos seleccionados para poñer en marcha o proxecto RADIO NA BIBLIO, unha iniciativa que enche a nosa biblioteca de novas formas de aprender, crear e comunicarnos.

A través da radio, o alumnado poderá investigar, escribir guións, falar diante do micrófono, editar os seus programas e compartir co resto da comunidade educativa todo o que aprenden.

A emisora de radio escolar será, sen dúbida, unha fantástica oportunidade para aprender facendo, traballando en equipo e gozando do proceso.


venres, 10 de outubro de 2025

"Por amor á arte"

 Hoxe o alumnado de Infantil pasou unha mañá do máis artística experimentando con diferentes materiais.

A partir do conto " Non é unha caixa", levaron a cabo unha provocación artística decorando caixas de cartón.










martes, 7 de outubro de 2025

" Por amor á arte"

 Xa estamos de volta cun novo proxecto! 

Nesta ocasión farrmis un percorrido polas diferentes disciplinas artísticas! 

O primeiro día de cole pasamos todos polo xa clásico Photocall e a nosa exploradora Micaela tornou o seu gorro e mochila por pincel e boina de pintora... pero... onde andará Pinchos? Seguirá explorando Barreiros? Aínda non o vimos este ano... 




xoves, 19 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;">

xoves, 5 de xuño de 2025

Día do Medio Ambiente

 E hoxe 5 de xuño, celebramos o día do Medio Ambiente, un día dedicado a San Xusto un lugar fabuloso pola súa paisaxe, e onde atopamos a segunda ganadería máis importante de España, Mantoño Holsteim e que semella que unha das súas vacas, puxo un ovo!! para expectación de todos e todas... se non... que lle pregunten aos nenos e nenas de tres anos! Que a parte de facer un video chulísimo sobre este pobo... contaron o conto de " A vaca que puxo un ovo en Mantoño".

 Despois fixemos unha saída primaveral pola contorno. 


luns, 2 de xuño de 2025

Clausura da Biblioteca Escolar

 Hoxe luns, fixemos o acto de clausura da biblioteca así coma a entrega dos diplomas aos nosos e nosas colaborador@s así coma un pequeno detalle para todos e todas.

Grazas pola vosa axuda.



venres, 30 de maio de 2025

Enquisa alumnado

 Aquí unha pequena enquisa para saber da opinión que vos merece o funcionamento da biblioteca este curso .

Enquisa alumnado