sábado, 26 de abril de 2025

Actividades polo dia do Libro

 Esta semana... estivo do máis divertida xa que tivemos un pouco de todo para conmemorar o día do libro. 

Nas aulas, disfrutamos dos Booktubers  que os nosos compañeir@s fixeron coas súas familias.


Na biblioteca coñecemos da Man dos nenos e nenas de terceiro curso a Lenda de Maeloc, destacando a gran importancia das lendas na literatura  como elemento cultural de todo pobo. Lendas que debemos coñecer para que non caian no olvido: o trasno de Rexa, o San Bartolo, a lenda do Santo Estevo, San Miguel de Vilacha e Maeloc!


Tamén visionados o video que fixeron sobre Celeiro de Mariñaos, pobo no que se asenta o Monte Cornería, onde o se desenvolve a historia...
Xa no patio, fixemos o xa clásico apadriñamento lector. Non puido ser baixo as árbores como tiñamos previsto... pero mais vale algo que nada...














mércores, 23 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO



    A semana de volta, ven cargada de actividade de novo!!!

                                            


martes, 22 de abril de 2025

Presentación dos Contos do Segundo trimestre no bloque da biblioteca

 Ola de novo amiguiños e amiguiñas.

Hoxe deixámosvos no noso blogue os contos que os nenos e nenas de cuarto e primeiro fixeron no segundo trimestre. 

alumnado de cuarto 
Valentiño por Vilamartín Pequeno





                                                                 Alumnado de Primeiro  

sábado, 22 de marzo de 2025

Día da Poesía

Estes días, tivemos moita poesía na nosa biblioteca. 
Varios nenos e nenas durante os recreos achegáronse a completar o noso mural común que non so nos recorda que a primavera está a comezar, se non que ven cargadiño de poesía.
  Está aínda a medias pero de seguro que pronto teremos esta musa da poesía cun vestido cuberto frores moito máis longo.


luns, 10 de marzo de 2025

8M na nosa biblioteca

Olaaa amiguiños e amiguiñas!  Seguimos coa incesante actividade na nosa biblioteca.

O venres 7 de marzo tocou conmemorar un día de concienciación e reivindicación da igualdade. As nosas mulleres son recoñecidas polo seu carácter e pola súa fortaleza: escritoras, granxeiras, pasteleiras, viaxeiras,...

Nesta ocasión o alumnado de quinto investigou sobre San Xulian de Cabarcos facendo un vídeo documental. 

Posteriormente readaptaron o conto Cando as nenas voan alto sendo as protagonistas catro mulleres de Cabarcos: María José, Griselda, Lucía e Vanessa que loitan contra os malvados non o conseguirás. 

Os actos quedaron a medias pola climatoloxía xa que temos previsto facer un mural en colaboración co obradoiro de emprego do concello así como unha exposición sobre mulleres de Barreiros... Un chisco tarde, pero chegaran as actividades.







xoves, 6 de marzo de 2025

Visita CIR O Canteiro

 Hoxe por fin puidemos visitar o CIR O Canteiro, unha visita enclavada dentro dos actos polo día de Rosalía, visita posposta por mor da choiva.

Alí José Otero, explicounos a historia desta antiga escola indiana, visitando o museo etnográfico que hai na primeira planta. 






Semana da Prensa

 Voltamos do Entroido e xa nos atopamos coa semana da Prensa.

Aquí a recompilación de novas de Barreiros que fixemos en colaboración coas familias.







venres, 21 de febreiro de 2025

Día de Rosalía co sabor da emigración

 Hoxe saímos a pasear e conmemorar o día da nosa poeta máis universal 

Rosalía dedicou varios poemas á emigración algo moi visible en Barreiros, por eso hoxe equipados dos nosos poemas saímos por San Miguel  a recitar estes poemas diante de enclaves relacionados coa diferentes emigrantes do pobo. 

Tivemos a gran sorte de que nos acompañaran María Mercedes e Amoedo a relatarnos as historias dos seus avós, Antonio Mosquera Otero e Julián Díaz Moreda.

Tamén lemos un poema dun escritor e emigrante do pobo, Inocencio González Remior poema que escribiu cando marchou rumbo a Cuba. 

Tralo roteiro polos barrios do pobo vimos o video que os nenos e nenas fixeron da parroquia de Benquerencia, parroquia na que xurdiu a primeira sociedade de emigrantes en Cuba no ano 1906 e propulsora da Escola de Canteiro.