luns, 17 de xuño de 2024

Semana Cultural

 Inmersos en plena semana cultural, hoxe desfrutamos do Día do Teatro de mans da compañía os Ghazafellos.

Posteriormente fixose entrega dos premios de cooperativismo no Ensino.







e mañá martes... Terceira Gala e entrega dos Migueliños dourados!!!





venres, 7 de xuño de 2024

Clausura Biblioteca Escolar

 Hoxe fixemos entrega dos diplomas aos nosos voluntarios e voluntarias. Moitas gracias rapaces e rapazas!




domingo, 2 de xuño de 2024

Enquisa a familias

Gustaríanos mellorar o funcionamento da nosa biblioteca pero para iso precisamos saber túa opinión, axúdasnos a mellorar?

Grazas

Enquisa a familias

Enquisa ao alumnado sobre a Biblioteca Escolar

 Botasnos unha man para tratar de mellorar a nosa biblioteca?

Cumprimenta este formulario.

Enquisa ao alumnado

Concerto Escola de Música de Foz

 Este mércores pequenos e grandes desfrutamos dun marabilloso concerto didáctico que nos ofertou a Escola de Música de Foz e na que poidemos ESCOITAR varias bandas sonoras moi coñecidas por todos e todas.

Grazas ao concello de Barreiros e grazas a Escola de música por este gran concerto.





domingo, 26 de maio de 2024

Celebración do Día das Letras

 Unha semana tivemos que esperar para  rematar de celebrar como se merecía o día das Letras Galegas no centro, xa que os actos previstos se ían desenvolver ao aire libre.

Comezamos a semana coa proxección do video Feito polo alumnado de quinto e sexto "Historia da Lingua Galega" e viu luz a revista escolar.


https://drive.google.com/file/d/1DfWWvR-ALQKezxNfLe2D-zXksNPVgP_0/view?usp=drivesdk

Aquí o enlace á revista escolar que é unmoi Bo resumo do ano de cine que levamos.

https://www.canva.com/design/DAGFJB5wkGI/o829I3SpyzMNA3mOWAKCSg/view?utm_content=DAGFJB5wkGI&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

 Ao longo de toda a semana varias familias acudiron ao centro a compartir diversos contos en galego que fixeron as delicias de todos e todas.















E xa por fin o venres puidemos facer a nosa busca das letras galegas na honra de Luisa Villalta.

Po equipos buscaron as letras do alfabeto galego, ao reunir todas as letras e  colocandoas correctamente, permitiunos ler un artigo dax homenaxeada sobre o afundimento do Prestige.









Unha celebración diferente para un ano de cine!

mércores, 15 de maio de 2024

Día das Letras Galegas

Que ilusión me fai! O meu primeiro día das Letras Galegas no colexio! 

O cartel ten moi boa pinta a que si? 







Estes días respirase un ambiente festivo no cole cos preparativos. 










venres, 26 de abril de 2024

Día do libro 2024

 Vaites vaites amiguiños! Que días tan divertidos pasamos na biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante con motivo da celebración do día do libro! 


Comezamos a semana de celebración o luns 22 de abril recibindo a visita de Rubén Riós actor, productor e director do audiovisual galego, que nos fixo dous obradoiros de interpretación. 
Falou dos diferentes tipos de cine e do que precisamos para chegar a ser Bos actores e actrices, destacando a necesidade de ler.





O martes 23 o propiamente día do libro
O alumnado de quinto e sexto foron ata a praza do Souto presenciar a inauguración da primeira Biblioteca libre de Barreiros. 


Durante a hora de ler, desfrutamos da representación da obra teatral " Don Quixote da Mancha " a cargo dos nenos e nenas de segundo curso.
Trala representación poidemos desfrutar coa primicia mundial da lenda " O trasno de Rexa" unha lenda recollida durante o mes de novembro e que os nenos e nenas de quinto e sexto nos representaron con teatro de sombras.






 
O mércores 24 a hora de ler foi moi bonita xa que se fixeron os distintos apadriñamentos lectores. Unha Xornada de auténtica convivencia da que desfrutamos todos e todas