martes, 24 de outubro de 2023

24 outubro Día das Bibliotecas

 Hoxe celebramos o día das Bibliotecas escolares por todo o alto.

 O noso alumnado participou nas diversas actividades organizadas dende a biblioteca.

Como este ano imos facer un achegamento ao mundo do cine e o teatro, comezamos nesta primeira actividade cunha representación teatral a cargo dos nenos e nenas de catro anos "Os tres porquiños" posteriormente catro voluntarias da biblioteca narraron o conto de " Mamá Canguro"  con kamishibai.








domingo, 10 de setembro de 2023

Un ano de cine e teatro

 Estades todos e todas preparados e preparadas? Arrancamos motores nun novo curso, un ano de CINE🎞️ e TEATRO 🎭!

Xa Temos todo listo, so nos faltades vós!! 


E atentos atentos que Temos por eiquí a mensaxe de benvida dun grande do cine e o teatro galego.







venres, 23 de xuño de 2023

SEMANA CULTURAL. O DÍA DO TEATRO A CARGO DO GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA

 Como a representación teatral realizada con motivo do día do libro, tivo moito éxito, os nenos e nenas estaban moi animados/as a volver aos escearios. 

Planteámoslles a posibilidade de levaren a batuta no día dedicado ao teatro durante a semana cultural...a resposta foi rotunda e xa nos puxemos a traballar na nova obra dende o mes de maio. 

A obra sería Restaurante Farruco. 

Os primeiros días dedicáronse a repartir papeis e traballos de decoración, música e vestiario (listado do que se ía precisar).

En días posteriores foronse organizando os ensaios e os nenos e nenas de vestiario, música e decorados foron elaborando os elementos que iamos a precisar para a obra.


Decidiron que como era unha obra teatral e había anunciantes do restaurante,  sería unha boa idea que repartiran unhos folletos anunciando o Restaurante Farruco.

Como   restaurante de alto luxo e copete... precisaba un logo así foi como os nenos e nenas coa aplicación Looka crearon o que sería a imaxe corporativa do restaurante.

 




A obra foi un éxito, noraboa ao poder do bo traballo en equipo non hai quen lle gane. 




martes, 13 de xuño de 2023

luns, 22 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas foi o Laurentino Francisco Fernández del Riego. 

Dende o equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización deseñouse un vídeo conmemorativo así coma unha ginkana para buscar as letras do alfabeto galego. Esta actividade foi un rotundo éxito xa que se fixeron doce grupos con nenos e nenas dos distintos niveis educativo. Os nenos e nenas en equipo foron por todo o patio recollendo as letras de Don Francisco e pegándoas posteriormente no tren das letras.


https://drive.google.com/file/d/1LxcW1wSHZA7QHckIrdD1doeWWr7OQjnz/view?usp=drivesdk


Na biblioteca elaborouse tamén un mural conmemorativo e expuxéronse diversas obras sobre a vida e obra do homenaxeado.


Queda pendente o Correlingua o día 30 de maio, aprazado polo mal tempo e no que participará todo o colexio.









venres, 28 de abril de 2023

Esta semana no recuncho Maker... robótica

 Algúns nenos xa se iniciaron o ano anterior no mundo da robótica explicando aos compañeiros o funcionamento do Beeboot.

Hoxe a maiores fixemos dous equipos e estreamos o taboeiro co mapa do mundo. Un xogo para localizar diversos accidentes xeográficos a nivel mundial que require busca de información e posteriormente plasmar todo no mapa co axuda dos Beeboot.


xoves, 27 de abril de 2023

Día do libro

 O 24 de abril convertemos a biblioteca nun teatro, e de mans dos nosos compañeiros/as desfrutamos das aventuras e desventuras de Din Quixote da Mancha. Noraboa a todo o grupo de teatro, sodes xeniais!






























domingo, 23 de abril de 2023

Visita do ilustrador Leandro Lamas

 Con motivo da conmemoración do día do libro, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Leandro Lamas co que fixemos un obradoiro de debuxo.




Mañá día 24 continuaremos coa conmemoración deste día coa representación da obra Don Quixote da Mancha a cargo do equipo de teatro da Biblioteca do Ceip San Miguel.
Estades convidados!!!