Despois da super labor investigativa que levaron os nenos e nenas para descubrir ao personaxe misterioso... Chega a segunda parte! Dona Disparate non deixa de viaxar e foise por diferentes países do mundo... Onde estivo? Que nobeles da paz ten cada un deses países? Preparados e dispostos a participar?? Imos!!!!
luns, 30 de xaneiro de 2023
martes, 24 de xaneiro de 2023
Un persoaxe misterioso
Dona Disparate topouse na biblioteca cun libro sobre a vida dun persoaxe. Parece ser que está moi relacionado co día da Paz... Quen será? Ao longo da semana iremos dando pistas para que logres adiviñalo ben polos teus medios só ou coa axuda dun adulto!! Veña veña que disque trae premio!
A primeira pista do que reside na actualidade no Reino Unido! Sabedes onde está o Reino Unido? Que idioma se fala alí?
A segunda pista é que con quince anos, abandonou o seu país.
martes, 20 de decembro de 2022
xoves, 15 de decembro de 2022
Obradoiro de Nadal (Espazo Creativo)
Nestes días previos ao nadal, decidimos facer un pequeno obradoiro de Nadal na biblioteca, elaborando os adornos cos que posteriormente decoramos o centro.
mércores, 7 de decembro de 2022
PEPUCA E O MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO.
Para dicir non á violencia contra as mulleres dona Disparate trouxonos un conto" Pepuca e o Monstro que lle levou o sorriso".
Algúns alumnos de quinto e terceiro participaron na representación con títeres de dedo cedidos polo Concello de Barreiros.
Os máis pequenos do centro pintaron os persoaxes para despois poder facer por grupos unha foto.
O RECUNCHO MAKER NON PARA
Leva so un mes en funcionamento e non para. Os nosos alumnos e alumnas desfrutan deste recunchiño tan importante.
As caras díceno todo...
xoves, 17 de novembro de 2022
DESCUBRINDO GALICIA
Enclavado no proxecto "Un mundo por descubrir" o alumnado de Educación Infantil está traballando Galicia.
Esta semana descubrimos o traxe galego e a razón de ser de cada prenda da man de Enrique Penabad presidente da Asociación Folclórica O Arco da Vella á que pertencen moitos dos nenos e nenas do centro.


















