mércores, 2 de marzo de 2022

8 de Marzo: as nosas bravas do mar

O próximo martes 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Como sabedes durante este trimestre o noso proxecto "Rumbo ao mar" céntrase no mar como medio de vida ("Un mar xeneroso"). Así que durante estes días afondaremos nalgunhas profesións relacionadas co mar e o papel da muller nelas.

Para comezar traemos tres pequenos contos que nos falan destas tres profesións:


Tamén vos presentamos unha selección de vídeos e recursos para coñecer e investigar sobre estas e outras profesións relacionadas co mar:

 👉 O mar das mulleres (recursos educativos):


 👉 Bravas do mar:

 

 

 👉 Desde o mar (documental):


 

 👉  As leccións da marea:

 

 👉 Un mar de mulleres. Parte 1 - Un mar de mulleres. Parte 2 (documental):

 

 

 👉 Puntada invisible (redeiras):

 

 👉 Mulleres do mar de Arousa:

mércores, 23 de febreiro de 2022

É tempo de entroido

E no tempo de entroido aproveitamos para escoitar estas dúas cancións baseadas nestes libros que temos na Biblioteca: "É tempo de entroido" e "Non pare a festa", de Ramón D. Veiga e David Sierra.


 


 

luns, 21 de febreiro de 2022

Este mes na biblio... Xogos de mesa

Comezamos a nova etapa da biblioteca con sorpresas.

Durante cada mes teremos unha nova proposta relacionada co proxecto de Biblioteca Creativa. Nesta ocasión con xogos de mesa. Durante esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º poderá poñer en práctica as súas habilidades de lóxica, razoamento, concentración, planificación, creatividade, dedución... e tamén o cooperativismo e o compañeirismo.











 












xoves, 27 de xaneiro de 2022

NOVA BIBLIOTECA

No CEIP San Miguel de Reinante-Barreiros estamos de estrea.

Despois de varios meses de obras, reformas, pintura, compras e traslados, por fin podemos inaugurar a nosa nova biblioteca.

A partir desta semana cada grupo virá na súa hora de lectura asignada a facer os préstamos de libros para levar a casa. E a partir da próxima semana comezaremos a planificar actividades para sacarlle o máximo partido a este novo espazo!


 

Na nova biblioteca temos diferentes espazos e recursos.

Zona de ordenadores



Pantalla Interactiva

 

Impresora 3D e portátiles

 

Robótica


Recuncho do Proxecto "Rumbo ao mar"


Zona de lectura

 

 

Zona de préstamos e devolucións


Moble de novidades


 

E para rematar, habilitamos un pequeno recuncho fóra da Biblioteca para xogos e unha lectura máis relaxada.




Desexamos que esteades a gusto nela!

Moi pronto haberá máis novidades, estade atentos...

xoves, 16 de decembro de 2021

Rumbo ás recomendacións lectoras!

Chega o inverno, coas tan esperadas vacacións, e chegan tamén as tradicionais recomendacións lectoras. E non só lectoras. Nestes días temos tempo de ler, pero tamén de cociñar, de xogar, de informarnos, de escoitar música, de contar historias, de descubrir cousas...

 

Dona Disparate convídanos a entrar na súa casa. Adiante!

Podes ampliar facendo clic nos 3 puntos ⬆ e nas frechas.

E lembra: mercando nas librerías e tendas pequenas axudamos ao noso comercio local.

 

Felices festas!

mércores, 1 de decembro de 2021

Biblioteca Creativa

Na Biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante-Barreiros estamos de celebración. Acaban de seleccionarnos como centro de nova incorporación ao proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA!

A partir do 2º trimestre, trala inauguración da nova biblioteca, converteremos este espazo nun lugar de investigación, experimentación, cooperación e creación...

Continuade atentos ao blog, moi pronto teredes máis novas.

venres, 29 de outubro de 2021

Cabazas de Samaín 2021

Aquí está a exposición virtual de cabazas que preparou o equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole coas vosas fotos. Vaia artistas!


 

domingo, 24 de outubro de 2021

Samaín 2021

Achégase a celebración do Samaín e os Bolechas propóñennos algúns materiais para ler, colorear, decorar e ata cociñar. Todo relacionado co SAMAÍN!


E se vos animades a ir casa por casa buscando "terroríficos" libros, aquí tedes unha Aventura lectora no Samaín. Seguro que coñecedes a todas estas personaxes...