E no tempo de entroido aproveitamos para escoitar estas dúas cancións baseadas nestes libros que temos na Biblioteca: "É tempo de entroido" e "Non pare a festa", de Ramón D. Veiga e David Sierra.
E no tempo de entroido aproveitamos para escoitar estas dúas cancións baseadas nestes libros que temos na Biblioteca: "É tempo de entroido" e "Non pare a festa", de Ramón D. Veiga e David Sierra.
Comezamos a nova etapa da biblioteca con sorpresas.
Durante cada mes teremos unha nova proposta relacionada co proxecto de
Biblioteca Creativa. Nesta ocasión con xogos de mesa. Durante esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º poderá poñer en práctica as súas habilidades de lóxica, razoamento, concentración, planificación, creatividade, dedución... e tamén o cooperativismo e o compañeirismo.
No CEIP San Miguel de Reinante-Barreiros estamos de estrea.
Despois de varios meses de obras, reformas, pintura, compras e traslados, por fin podemos inaugurar a nosa nova biblioteca.
A partir desta semana cada grupo virá na súa hora de lectura asignada a facer os préstamos de libros para levar a casa. E a partir da próxima semana comezaremos a planificar actividades para sacarlle o máximo partido a este novo espazo!
Na nova biblioteca temos diferentes espazos e recursos.
E para rematar, habilitamos un pequeno recuncho fóra da Biblioteca para xogos e unha lectura máis relaxada.
Desexamos que esteades a gusto nela!
Moi pronto haberá máis novidades, estade atentos...
Chega o inverno, coas tan esperadas vacacións, e chegan tamén as tradicionais recomendacións lectoras. E non só lectoras. Nestes días temos tempo de ler, pero tamén de cociñar, de xogar, de informarnos, de escoitar música, de contar historias, de descubrir cousas...
Dona Disparate convídanos a entrar na súa casa. Adiante!
Podes ampliar facendo clic nos 3 puntos ⬆ e nas frechas.
E lembra: mercando nas librerías e tendas pequenas axudamos ao noso comercio local.
Na Biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante-Barreiros estamos de celebración. Acaban de seleccionarnos como centro de nova incorporación ao proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA!
A partir do 2º trimestre, trala inauguración da nova biblioteca, converteremos este espazo nun lugar de investigación, experimentación, cooperación e creación...
Continuade atentos ao blog, moi pronto teredes máis novas.
Aquí está a exposición virtual de cabazas que preparou o equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole coas vosas fotos. Vaia artistas!
Achégase a celebración do Samaín e os Bolechas propóñennos algúns materiais para ler, colorear, decorar e ata cociñar. Todo relacionado co SAMAÍN!
E se vos animades a ir casa por casa buscando "terroríficos" libros, aquí tedes unha Aventura lectora no Samaín. Seguro que coñecedes a todas estas personaxes...
Hoxe celebramos o día das Bibliotecas e, casualidade, chegaron ao cole unhas botellas cunha mensaxe dentro. Adiviñades quen as enviou?
Si, Dona Disparate!!!
Aquí está o que nos contaba:
E coa mensaxe viñeron as mochilas viaxeiras, que poderedes telas en casa durante unha semana, e os préstamos semanais de libros.
Preparados para a aventura? Imos...