venres, 27 de novembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 4

Bo día! Na entrada da semana pasada xa tedes publicados os vosos comentarios. Ao final desta entrada tamén están as respostas da etapa 3.

Na etapa desta semana do Camiño do Norte, Dona Disparate ten que atravesar o val de Olatz, que se coñece tamén como "EL VALLE ESCONDIDO".

Como homenaxe ao nome deste sitio, Dona Disparate decidiu esconderse. Pero, con tanta présa por atopar un agocho, caéronlle varios obxectos.


 (Podes ampliar a imaxe facendo clic enriba)

Para Infantil:

1. Fíxate moi ben na foto. Que cousas perdeu Dona Disparate neste lugar?

2. Na foto aparece unha árbore. Podes dicir varios nomes de árbores que coñezas?


Para PRIMARIA:

3. Esta árbore, en castelán, chámase ENCINA. Sabes como se chama en galego?

4. Que froito produce esta árbore?


Deixa a túa resposta en COMENTARIOS.  

🔻 Escribe o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO

Tes unha semana para resolver o reto. O próximo venres se publicarán os comentarios e haberá un novo reto. Ánimo, investigadores!
 

SOLUCIÓNS ETAPA 3

A semana pasada Dona Disparate estaba practicando SURF, coa súa TÁBOA, na praia de ZARAUTZ (tamén está ben se puxestes a praia de Malkorbe Hondartza).

E, efectivamente, o monte que hai detrás se chama tamén "EL RATÓN DE GETARIA". Que curioso, non vos parece? Só lle faltan as orellas!

21 comentarios:

  1. Iván Rodriguez Lousas 6º
    3 preg: Carrasca
    4 preg: Bellota

    ResponderEliminar
  2. 1.en galego chamase azinheira ou azinho 2.da landras ou tamen se chaman belotas.

    ResponderEliminar
  3. Sara G.P. 2 primaria

    3. En galego dise Aciñeira ainda que tamén se pode dicir enciño ou enciñeira.
    4. o fruto e a landra ou belota.

    ResponderEliminar
  4. 3 carballo
    4 bellotas

    ResponderEliminar
  5. Oscar Gomez 6 de infantil
    Perdeu un baston e un zapato.
    castiñeiro,naranxeiro,madroño.

    ResponderEliminar
  6. A árbore en galego chamase Carrasca.
    Produce a bellota.
    Adriana de sexto

    ResponderEliminar
  7. Paula Méndez Bajatierra 2º EP
    É un carballo e o seu froito son as bellotas.

    ResponderEliminar
  8. A Encina en galegobchamase, Carrasca.
    O froito que da, e a landra.

    ResponderEliminar
  9. Lara 5º primaria:
    1.A encina en Galego chamase carrasca.
    2.O froito chamase landra.

    ResponderEliminar
  10. Carla 4º E.P

    3.Un carballo
    4.Produce landras

    ResponderEliminar
  11. Alejo 3°primaria
    3-Carballo
    4-Bellota

    ResponderEliminar
  12. Vega Martínez, 4 de infantil.
    Zapato, gorro e o bastón coa cuncha.
    Espiño e Castaño.

    ResponderEliminar
  13. Jose 6Infantil
    O bastón,o zapato e o gorro.
    Maceiro
    Pereiro

    ResponderEliminar
  14. IRIA 5º Y LEIRE 3º
    3.Se chama en gallego carrasca.
    4.Esta ábore produce las bellotas.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  15. Jan
    1. Bastón, zapato, gorro
    2. Eucalipto, abeto, limonero, castaño

    ResponderEliminar
  16. Leire e Unai1/12/20 6:16 p.m.

    Leire 4º e Unai 6º
    3-CARRASCA
    4-BELLOTA

    ResponderEliminar
  17. CECILIA MARIÑA FRAGA 6º E.INFANTIL
    1ª.- O BASTÓN,O SOMBREIRO E UN ZAPATO
    2ª.- O CASTIÑEIRO, A NOGUEIRA, O LIMOEIRO,O KIWI,O EUCALIPTO, O PINO

    ResponderEliminar
  18. Bruno Mauriz López curso 5 de primaria. Respuesta a la pregunta 3: chamase Carballo . Respuesta a la pregunta 4: produce Bellotas .

    ResponderEliminar
  19. Paula Basanta peréz 6 de primaria
    Carballo.
    Landras.

    ResponderEliminar
  20. Miguel 4 de primaria
    Carballo
    Landras

    ResponderEliminar
  21. CLASE DE 5 ANOS3/12/20 1:59 p.m.

    1. O BASTÓN UN XZAPATO E O GORRO.
    2. PINO EUCALIPTO LIMONEIRO LARANXEIRO MACEIRA PEREIRO NOGUEIRA LOUREIRO

    ResponderEliminar