luns, 28 de outubro de 2019

Día da Biblioteca 2019

O pasado xoves 24 de outubro celebramos no colexio o Día da Biblioteca. 
Cando cada grupo de Primaria chegou á Biblioteca atopouse un sobre cunha carta de Dona Disparate. Como xa sabedes Dona Disparate pode ser un pouco despistada e, nesta ocasión, despois de todo o verán viaxando en busca de novos libros, non sabía regresar á súa querida Biblioteca.
Así que o alumnado tivo que atopala seguindo pistas e resolvendo unha serie de probas ata levala de volta á Biblioteca.

mércores, 2 de outubro de 2019

Curso 2019-2020

Comeza o novo curso e comeza tamén a funcionar a Biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante.
Durante o curso iremos actualizando o blog para informar a toda a comunidade educativa das novidades, as actividades e outra información que poida resultar interesante.
En breve veredes a actividade que o equipo de mestras da biblioteca estamos deseñando para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro). Estade atentos!