Vaites vaites amiguiños! Que días tan divertidos pasamos na biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante con motivo da celebración do día do libro!
venres, 26 de abril de 2024
Día do libro 2024
venres, 19 de abril de 2024
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
A BIBLIOTECA É UN FERVEDOIRO ESTES DÍAS XA QUE ANDAMOS CON GRAVACIÓNS PARA O CONCURSO DE COOPERATIVISMO, PERO ADEMÁIS PRONTO CHEGARÁ O DIA DO LIBRO E TEMOS TODO UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES COAS QUE ESPERAMOS PASALO MOI PERO QUE MOI BEN!!!
luns, 25 de marzo de 2024
Segunda Gala de cine
Onte celebramos a segunda Gala do Cine do CEIP San Miguel. Un repaso polas actividades feitas durante este trimestre.
Primeiro fíxose a proxeción de dous videos feitos polas mestras de infantil co gaio do día de Rosalía con posterior actuación dos nenos de cinco anos acompañados dos nenos de catro e tres.
venres, 8 de marzo de 2024
semana da Prensa e 8M
que semana tan intensa tivemos na biblioteca, foi unha actividade continua! o motivo ben o merecía.
Celebramos a semana da prensa e a comunicación e a parte tivemos diversas actividades enfocadas á conmemoración do 8 de marzo día da muller traballadora.
Co gaio da semana da prensa e a comunicación... a biblioteca converteuse no centro para realizar unha instalación con periódicos, papeis, cartón... o alumnado de infantil desfrutou a tope!
Ademáis tivemos a visita dunha ex alumna do centro que se dedica ao mundo televisivo Estíbaliz Veiga (grazas á colaboración do ANPA do centro). Con ela pasamos un anaquiño moi agradable e o alumnado de quinto e sexto exerceron como periodistas e fixeronlle unha entrevista pormenorizada.
Non rematou aqui a actividade, para nada!
O alumnado colaborador de quinto e sexto fixeron lectura de dous contos a pro da igualdade "Bonitas" e "Soy una superniña"
Ademáis o alumnado de terceiro fixo a gravación dun conto "O país dos mandóns", cine documental. Hoxe fixeron a interpretación en vivo e directo e na próxima gala farase a proxección"
As de nenas de cuarto curso fixeron lectura do manifesto a pro da igualdade ,falándonos da actriz Meryl Streep (actriz recentemente premiada co galardón Princesa das Artes) e gran defensora dos dereitos da muller.
Non podíamos finalizar o día sen unha canción en común. O profe Mario e Fran puxeron a música e nós as voces interpretando "NOn son fada nen princesa".
Un día cheo de actividade e reivindicación.
domingo, 25 de febreiro de 2024
Día de Rosalía
A primeira hora os nenos e nenas viñeron visitarme á biblioteca visionar o video musical que o alumnado de cuarto de primaria elaborou Rosalía Pequeniña.
As fiestras da biblioteca estaban decoradas cun poema de Rosalía " Adeus ríos, adeus fontes" que as colaboradoras escribiron.
Tralo recreo deu comezo a ginkana Rosaliana.
Por equipos internivel foron pasando polos diversos xogos preparados.
Montar un puzzle xigante de Rosalía, Cantar Rosalía pequeniña, ordear os versos de diferentes poemas, buscar palabras relacionadas coa súa vida e obra nunha sopa de letras, decorar a máscara dun moucho e por último ilustrar poemas.
Foi unha mañá do máis completo, ao finalizar levaron de premio cada un a chapa conmemorativa deste día que fixeron ao longo da semana
martes, 20 de febreiro de 2024
Preparando o día de Rosalía
Xa que temos gañador do deseño da chapa conmemorativa do Día de Rosalía. Rapidamente nos puxemos mans á obra a facer cada un a nosa chapa!!.
Costoume un chisco pero a miña xa está lista! E a vosa???
E seica que os nenos e nenas de cuarto andan moi atarefados coa gravación do seu video musical de Rosalía Pequeniña!
sábado, 17 de febreiro de 2024
Xa Temos gañador!
Por aplastante maioría en tódolos cursos tras unha rigurosa votación, a chapa ganadora é a de Daniel Fernández Martínez de terceiro curso.
Noraboa Dani, faremos entrega do teu premio o venres 23.
venres, 9 de febreiro de 2024
Unha visita moi especial
Gústame moito que me veñan visitar, pero recibir antigas alumnas como pasou hoxe... Faime estar feliz!!!
Hoxe Lali fixo un oco e puido virnos visitar... e como estamos nun ano de cine... falounos do seu traballo xa que é cámara! algo fundamental no mundo do cine.
Aínda que hoxe en día se dedica máis a oficina e labores organizativas de programas si nos falou da súa experiencia na rodaxe de series de nivel nacional e algún que outro programa de reportaxes.
Non puido amosarnos todo o que traía preparado, a borrasca Karlotta deixounos sen luz varias horas, pero como temos fío directo pasounos varias imaxes que ela fixo durante a rodaxe da serie " Olmos y Robles".
Primeirocapítulo " Olmos y Robles"