venres, 26 de abril de 2024

Día do libro 2024

 Vaites vaites amiguiños! Que días tan divertidos pasamos na biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante con motivo da celebración do día do libro! 


Comezamos a semana de celebración o luns 22 de abril recibindo a visita de Rubén Riós actor, productor e director do audiovisual galego, que nos fixo dous obradoiros de interpretación. 
Falou dos diferentes tipos de cine e do que precisamos para chegar a ser Bos actores e actrices, destacando a necesidade de ler.





O martes 23 o propiamente día do libro
O alumnado de quinto e sexto foron ata a praza do Souto presenciar a inauguración da primeira Biblioteca libre de Barreiros. 


Durante a hora de ler, desfrutamos da representación da obra teatral " Don Quixote da Mancha " a cargo dos nenos e nenas de segundo curso.
Trala representación poidemos desfrutar coa primicia mundial da lenda " O trasno de Rexa" unha lenda recollida durante o mes de novembro e que os nenos e nenas de quinto e sexto nos representaron con teatro de sombras.






 
O mércores 24 a hora de ler foi moi bonita xa que se fixeron os distintos apadriñamentos lectores. Unha Xornada de auténtica convivencia da que desfrutamos todos e todas  





venres, 19 de abril de 2024

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

 

 

 

 

                                                        



 

 A BIBLIOTECA É UN FERVEDOIRO ESTES DÍAS XA QUE ANDAMOS CON GRAVACIÓNS PARA O CONCURSO DE COOPERATIVISMO, PERO ADEMÁIS PRONTO CHEGARÁ O DIA DO LIBRO E TEMOS TODO UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES COAS QUE ESPERAMOS PASALO MOI PERO QUE MOI BEN!!!