xoves, 27 de xaneiro de 2022

NOVA BIBLIOTECA

No CEIP San Miguel de Reinante-Barreiros estamos de estrea.

Despois de varios meses de obras, reformas, pintura, compras e traslados, por fin podemos inaugurar a nosa nova biblioteca.

A partir desta semana cada grupo virá na súa hora de lectura asignada a facer os préstamos de libros para levar a casa. E a partir da próxima semana comezaremos a planificar actividades para sacarlle o máximo partido a este novo espazo!


 

Na nova biblioteca temos diferentes espazos e recursos.

Zona de ordenadores



Pantalla Interactiva

 

Impresora 3D e portátiles

 

Robótica


Recuncho do Proxecto "Rumbo ao mar"


Zona de lectura

 

 

Zona de préstamos e devolucións


Moble de novidades


 

E para rematar, habilitamos un pequeno recuncho fóra da Biblioteca para xogos e unha lectura máis relaxada.




Desexamos que esteades a gusto nela!

Moi pronto haberá máis novidades, estade atentos...