mércores, 20 de maio de 2026

Exposición sobre arquitectura Galega

 Na conmemoración polo Día das Letras Galegas temos moita actividade.

 O alumnado de primeiro amosounos a súa exposición sobre Arquitectura Galega. Achegáronos aos hórreos, faláronos da muralla de Lugo e participamos na creación de  pedras coas que faremos nosa muralla.

Achegáronos de forma amena á maior obra arquitectónica de Galicia,  a Catedral de Santiago. 









luns, 18 de maio de 2026

Seguimos coas lecturas en familia

 As familias siguen acudindo ao centro a compartir historias con nós. 




Actos polo día das Letras

 Iniciamos a semana das Letras o venres 15 cun obradoiro de instrumentos e danzas tradicionais.







venres, 15 de maio de 2026

Pequenas voces para unha gran lingua

Para celebrar as Letras Galegas, o alumnado de 4 anos gravou un anaco da canción "Meu o mundo é", de Paco Nogueiras. Cun retrouso que non podemos deixar de bailar, os máis pequenos e pequenas lémbrannos que a nosa lingua é o motor que nos conecta co mundo.

Non o perdades! O galego soa de marabilla cando se canta con este entusiasmo.


xoves, 14 de maio de 2026

ACTOS POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 A Semana ven cargada de actividades para festexas as NOSAS LETRAS



TACHAN TACHAAAN A NOSA REVISTA ESTÁ NO AIRE!!!

 

domingo, 3 de maio de 2026

Apadriñamento Lector

 Como broche final á semana folibro tiñamos programado diversas lecturas no patio do colexio.

Por mor do mal tempo tivemos que aplazala ata este xoves.

A verdade é unha actividade que nos encanta.












mércores, 29 de abril de 2026

Día Das Artes Gráficas Galegas

 Nesta semana, por fin poidemos facer a Exposición con Motivo das Artes Gráficas Galegas (aplazada por mor do descanso de Semana Santa) a cargo dos nen@s de quinto. 







mércores, 22 de abril de 2026

Semana do Libro

 Comezamos as actividades deseñadas con motivo do día do libro.

O ALUMNADO DE CUARTO preparo unha exposición sobre a obra culmen da literatura  " O Quijote "

Posteriormente fixeron lectura dun conto sobre o mesmo.

O luns teremos os apadriñamentos lectores.











luns, 13 de abril de 2026

Obradoiro Creativo

 É fundamental non es esquecer e voltar a vista atrás cara o noso pasado. 

Hoxe visitáronos a Asociación de Mulleres Rurais de Insua en Vilalba que non so nos falsron do proceso de preparación do liño se non que puidemos participar de forma directa nel.

Un intercambio interxeneracional do máis enriquecedor.










Día das Artes Gráficas

O día das Artes Gráficas Galegas, pasou desapercibido xa que estabamos en período vscacional. Non por iso o iamos deixar atrás e o día 9 tivemos a sorte de contar con David Rivas Peña, artista gráfico e pai de dous nenos no centro.
Este achegounos á súa profesión e falounos dalgun dos seus traballos.




venres, 27 de marzo de 2026

Día Internacional do Residuo Cero

Canto plástico podemos aforrar nun só recreo? O alumnado de 1º de Primaria teno claro e decidiu que era o momento de pasar á acción. Aproveitando o Día Internacional dos Residuos Cero (30 de marzo), os máis pequenos do cole puxéronse diante dos micrófonos para darnos unha gran lección de ecoloxía.

Neste novo podcast, comparten ideas moi sinxelas para que as nosas mochilas sexan moito máis amigas do planeta.

Dálle ao play e escoita os seus consellos!


domingo, 22 de marzo de 2026

REMATE SEMANA DA PRENSA E DA COMUNICACIÓN E CONTO "O CARNAVAL DOS ANIMAIS

 

Como broche final á semana da Prensa e a Comunicación  fixemos entrega dos premios á mellor noticia de Barreiros.

4º Infantil Sabela Balsa Leivas

5º Infantil Sara Villar López

6º Infantil Nayro Martínez Río

2º Educación Primaria: Adrián Maseda López

3º Educación Primaria: Fátima   Iglesias

4º Educación Primaria: David Díaz Fernandez

5º Educación Primaria Cecilia Mariña Fraga

6º Edución Primaria: Ahlam Selouane


Ademáis os nosos colaboradores de cuarto: David , Ainhara, Paula e Mauro, contaronos o conto "O Carnaval dos Animais"





Dia da poesía

Aínda que será mañá o día da poesía,  varios nen@s achegáronse á biblioteca liberar un poema, continuaremos o luns! 


luns, 9 de marzo de 2026

Concurso "Fai a tua nova"

 Estamos na recta final do concurso "Fai a tua nova", as noticias non deixan de chegar! Dinosaurios pola praia de Altar, un chimpancé no Santo Estevo, choiva de chocolate!! A imaxinación ao poder!!!