xoves, 21 de decembro de 2023

Primeira Gala do Cine no CEIP San Miguel

 Por primeira vez no CEIP San Miguel celebramos I Gala do Cine.

Nesta gala o alumnado de catro anos representou  de novo a obra "Os tres porquiños" que xa fixera o día 24 de outubro con motivo do Día das Bibliotecas.


O alumnado de cinco anos cantou a porta violeta e fíxose proxección do video  que fixeron polo 25N.  



Por último os nenos e nenas de primeiro representaron o Gato Lambón que xa fixeran polo Samaín.

previamente tivemos o gusto de ver unha

 representación de Trécola Teatro Guiñol.

 Que ademáis nos falou dos tipos de guiñol 

 que existen.





O trimestre foi do máis completo, que nos deparará o futuro???


Proxecto : luces, cámara e acción!

 Dentro do proxecto documental integrado de centro: Luces, cámara e acción, deseñaronse dúas saídas didácticas: unha destinada dende Infantil a Primeiro Ciclo e outra deseñada para nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo

Na primeira saída os nenos e nenas desfrutaron de primeira man co taller do titiriteiro Tom Arenas en Mondoñedo. Este explicoulles como se lle da vida a un títere no seu taller. Despois acudimos a un Obradoiro de cerámica.



 



A segunda saída tivo destino Ordes onde os nenos e nenas visitaron o plato Tex 45 onde visitaron a redacción e ademáis lles explicaron a parte da televisión descoñecida.


Recomendacións lectoras para o nadal

 

mércores, 20 de decembro de 2023

Xa temos nova mascota!!!

 Tras unha semana de votacións hoxe desvelouse o nome do gañador e foi Pinchos o pequeno ourizo que baixou dende Comado 

Noraboa a todas as mascotas finalistas xa que non  foi fácil chegar aquí,  pola calidade dos traballos presentados, e noraboa a todos e todas os/ as participantes, porque o que non se intenta non se consegue.

As votacións quedaron así

O ourizo Pinchos 29 votos

Don Chistoso.       27 votos

Don Verbo.           15 votos

A Rebólida.           14 votos

Mark.                     11 votos

Pipo.                         9 votos



xoves, 14 de decembro de 2023

Mascotas biblioteca




 Abrimos hai uns días un concurso porque Dona Disparate decidiu marchar en busca da fama a Hollywood.



O equipo de biblioteca fixo unha selección entre todas as mascotas recibidas, ahora precisamos da vosa axuda para decidir.

E as finalistas son...

Don Chistoso





Don Verbo








 
 
O OURIZO PINCHOS







Rebólida

 


Pipo




 
Mark







 
VOTA NA BIBLIOTECA TES DE PRAZO ATA MARTES DÍA 19



sábado, 9 de decembro de 2023

25 di NON Á VIOLENCIA




 Con motivo da conmemoración do 25N o alumnado do centro participou Unha serie de actividades programadas dende o concello. 









Xa no centro programáronse dúas actividades dende a biblioteca escolar. Por un lado un grupo de alumnas voluntarias fixeron a lectura da "Historia dos bonobos con lentes" Despois fixemos o visionado do video realizado polo alumnado de cinco anos,  que en cine mudo representaron a canción " La puerta violeta"