venres, 20 de novembro de 2020

BO CAMIÑO - Etapa 3

Bo día a todos e a todas!

Dona Disparate está encantada coa vosa participación, estades animándoa moito no seu camiño. Como sempre, tedes as respostas ao final desta entrada.

Esta semana Dona Disparate aproveitou para facer unha parada nesta praia e probar con outro deporte.

Para Infantil:

1. Que deporte está practicando Dona Disparate?

2. Que necesita para practicar este deporte?

3. Onde poderías practicar ti este deporte?


Para Primaria:

4. En que praia está Dona Disparate? (lembrade que está facendo o Camiño do Norte e aínda non saíu da provincia de Guipúzcoa)

5. O que se ve detrás é o "Monte San Antón", que está en Getaria. Sabes que outro nome ten este monte?


Deixa a túa resposta en COMENTARIOS. 🔻 Non esquezas escribir o teu NOME e CURSO e, en "Comentar como:", elixe ANÓNIMO

Tedes unha semana para resolver o reto. O próximo venres se publicarán os vosos comentarios e teredes un novo reto. Ánimo e a seguir investigando así de ben!


SOLUCIÓNS ETAPA 2

A semana pasada Dona Disparate estaba en SAN SEBASTIÁN, ao final da praia de Ondarreta, visitando as esculturas de EDUARDO CHILLIDA que levan por nome EL PEINE DEL VIENTO.

Son 3 ESCULTURAS feitas de ACEIRO (mestura de FERRO e CARBONO).

O alumnado de Infantil nos propón estas semellanzas:

- Mateo di que se parece á unha man dun robot.

- Simón e Damián din que parecen uns ganchos.

- Vega di que parecen serpes.

- Lidia di que parecen peines

- Óscar di que parecen unhas pinzas.

A clase de 5 anos participa con estas semellanzas: ganchos, a letra E, o número 8 e uns columpios

Grazas pola vosa imaxinación e creatividade!

20 comentarios:

  1. O monte tamen chamaselle o Ratón de Guetaria.E o nome da praia e Kanpayapia.

    ResponderEliminar
  2. Na praia de Guetaria.
    O seu outro nome e o,Raton de Getaria

    ResponderEliminar
  3. Lara 5 primaria
    1 Praia Malkorbe
    2 El ratón de Getaria o el semáforo.

    ResponderEliminar
  4. Raton de getaria
    Playa de Gaztetape

    ResponderEliminar
  5. Alejo 3°primaria
    4_playa Malkorbe
    5_Ratón de Guetaria

    ResponderEliminar
  6. CECILIA MARIÑA FRAGA 6º E.INFANTIL

    1º SURF
    2º UNHA TABLA DE SURF
    3º NAS PRAIAS DE BARREIROS

    ResponderEliminar
  7. Mateo 4 anos

    1. Surf
    2. Unha taboa
    3. Nunha praia

    ResponderEliminar
  8. Carla 4º EP

    4. Está en la playa de Zarauz

    5. Ratón de Getaria

    ResponderEliminar
  9. Xiana Díaz Méndez 1 de primaria
    4-A Praia de Zarautz
    5-O ratón de Getaria.

    ResponderEliminar
  10. CHLÖÉ INFANTIL
    1.- SURF
    2.- UNHA TABLA DE SURF
    3.- NO MAR DA PRAIA

    ResponderEliminar
  11. Leire de 3 e Iria de 5
    4 Dona Disparate esta na playa de Malkorbe
    5 O monte de san Anton se pode chamar Ratón de Getaria ou Semaforo.

    ResponderEliminar
  12. Vega Martínez, 4 infantil.
    Surf
    Tabla
    Auga

    ResponderEliminar
  13. Sara G.P 2primaria

    4.Dona Disparate está na praia de Zarautz.
    5.O "Monte San Antón" tamén se chama Ratón de Getaria.

    ResponderEliminar
  14. Yeray 5anos
    Surf unha
    tabla de surf
    Na praia

    ResponderEliminar
  15. Jose 6.Infantil.
    1-Fai surf.
    2-Unha tabla.
    3-Nas praias de un Barreiros

    ResponderEliminar
  16. Paula Méndez Bajatierra 2º EP
    Está na praia de Zarautz. O Monte San Antón tamén lle chaman Ratón de Guetaria.

    ResponderEliminar
  17. Lidia Arauzo Torres 6@ Ed.Infantil
    1. Surf
    2. Tabla de surf
    3. Nas praias de Barreiros

    ResponderEliminar
  18. Bruno Mauriz López curso 5 de primaria. pregunta 4:Dona Disparate atopase na praia de Zarautz. Pregunta 5: Si, O Ratón de Gestaría.

    ResponderEliminar
  19. hola son daniel de 4 de primaria creo que esta na plaia de malkorbe creo que o outro nome do monte sananton e raton de getaria

    ResponderEliminar
  20. Oscar
    6 de infantil
    Esta practicando surf
    Tabla de surf
    Na playa

    ResponderEliminar