Que andaremos a argallar???
domingo, 23 de abril de 2023
mércores, 8 de marzo de 2023
8 Marzo e semana da Prensa
No día internacional da Muller o alumnado de sexto curso elaborou un manifesto en pro da igualdade.
sábado, 4 de marzo de 2023
Día de Rosalía
Para conmemorar este día deseñáronse varias actividades en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Primeiramente realizouse un obradoiro elixindo imaxes de distintos xornais e revistas que significaran algo para os nenos e nenas. Posteriormente estas pegáronse ao redor do rostro de Rosalía e fóronse escribindo e pegando palabras que nos inspiraban esas imaxes no rostro de Rosalía o resultado foi espectacular.
Posteriormente a concelleira de igualdade Montse Porteiro fixo lectura do manifesto realizado polos Escritores en Lingua Galega.
O alumnado de quinto e sexto fixeron lectura de varios poemas da nosa escritora máis universal.
O alumnado de Infantil traballou o poema Parece unha Rosa agasallando ás súas familias cunha rosa feita por eles.
xoves, 16 de febreiro de 2023
martes, 14 de febreiro de 2023
luns, 13 de febreiro de 2023
ENTROIDO.
Dona Disparate non para de viaxar, e das súas viaxes tróuxonos modelos de máscaras mundiais.
O luns, faremos máscaras africanas.
O martes encherase a biblioteca da elegancia das máscaras venecianas.
Moito máis informal o Mardi Gras de Nova Orleáns que chegará o mércores.
Xa o xoves será momento un entroido moi nosos e aparecerán as máscaras dos peliqueiros.
Animádesvos a participar?



































