domingo, 19 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras - Verán 2022

Como todos os cursos, coa chegada das vacacións, preparamos unha selección de libros cos que gozar deste verán. 

BO VERÁN!


xoves, 16 de xuño de 2022

Corpos xeométricos cos Magna-tiles

A biblioteca escolar posibilita ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe e creación. Nesta ocasión o alumnado de 3º estivo traballando en matemáticas cos corpos xeométricos, e que mellor xeito de practicar o aprendido que reproducilos cos Magna-tiles.





luns, 13 de xuño de 2022

Derradeira xuntanza do club de lectura de 6º

Hoxe celebramos a derradeira xuntanza do club de lectura de 6º na Biblioteca.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para o alumnado como para o profesorado que participou. Oxalá o próximo curso poidamos repetir estas xuntanzas e seguir compartindo lecturas!