martes, 30 de xaneiro de 2024

Que chova paz


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe foi un día espectacular e emocionante xa que conmemoramos o Día da Non Violencia e a  a Paz. 

Participamos por equipos  na Oca da Paz. Os equipos estaban   formados por nenos/as de diferentes cursos.

Foi moi divertido e entretido, creamos lazos aínda máis fortes entre todos nós traballando de forma cooperativa. 

Despois de pasar un anaco divertido xogando, rematamos o mural " Que chova Paz" 


Finalizamos os actos coa lectura dun manifesto a favor  do diálogo e a resolución de conflitos, a cargo dos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto. 

Un día diferente e que invita á reflexión 








xoves, 25 de xaneiro de 2024

Chapas polo día de Rosalía


 " Adeus ríos adeus fontes

adeus regatos pequenos 

Adeus vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos" 


Eu tampouco sei moi ben cando volverei a pasear por cerca da Penalonga... Pero... O certo é que teño unha misión máis importante! Velar polo coidado desta biblioteca!!! 

O  vindeiro 23 de febreiro celebraremos o aniversario da máis grande das poetas galegas, Rosalía de Castro!!!

Pois vaites vaites que a cousa pinta moooi interesante e hai varias actividades programadas, unha delas é un concurso de deseño dunha chapa conmemorativa! 

Animádesvos a participar? Eso espero! Tedes prazo ata o seis de febreiro BULIDE BULIDE !!!! 

Perplexus se quedou Pinchos



Esto si é unha aventura amiguiños e amiguiñas! E non a de chegar rodando ata o colexio!
Non sei a quen se lle ocorreu traer todas estas super esferas para a biblioteca pero é que non podo parar de xogar!! 
Animádesvos?


 

Pinchos o Ourizo


 Ola amiguiños. Aquí tedes ao noso pequeno Pinchos. Está un pouco nervioso ante o seu debut como mascota da biblioteca. 

Aquí vos deixa unhas palabras para os que aínda non o coñecedes.

luns, 22 de xaneiro de 2024

Obradoiro de cine animación

 Comezamos o ano con obradoiros. Esta semana tocou un Obradoiro de cine de Animación.

Comezamos facendo botar unha pelota, seguindo os primeiros pasos do que foi o cine de animación.




Posteriormente ensinámoslle o manexo de dous programas para que cobren vida persoaxes. Flipa clip e Stickman.