Este luns o alumnado recibiu nas súas aulas unha carta moi especial de Pinchos.
O noso ourizo aventureiro quería contarnos algo importante: xa temos novo
proxecto para este curso!
“EUREKA: INVENTOS E DESCUBRIMENTOS"
Durante os
próximos meses converterémonos en inventores e inventoras, descubridores e
descubridoras para investigar o mundo que nos rodea.
- Descubriremos quen creou
moitas das cousas que usamos cada día.
- Veremos como cambiaron os inventos ao
longo do tempo.
- Realizaremos experimentos para descubrir e aprender.
- E tamén
crearemos os nosos propios inventos!
Temos por diante un curso cheo de
curiosidade, investigación, experimentos e moita imaxinación.
A aventura
“Eureka” acaba de comezar!
Estades preparados e preparadas para inventar,
descubrir e sorprendervos?



Ningún comentario:
Publicar un comentario