luns, 30 de maio de 2022

Xuntanzas do club de lectura de 5º

Nesta ocasión temos xa todo listo para a xuntanza do Club de lectura de 5º. Falaremos do libro "La vuelta al mundo de Lila. El momento de volar".



luns, 23 de maio de 2022

Xuntanzas do club de lectura de 6º

Hoxe no club de lectura de 6º falamos do libro "Sophie en los cielos de París". Dentro de 15 días temos unha nova cita para continuar con esta novela que tanto nos está a gustar.

mércores, 11 de maio de 2022

Continuamos cos obradoiros LEGO

Esta semana continuamos os obradoiros LEGO co alumnado de 2º a 6º de Primaria. O equipo da Biblioteca preparou esta ruleta con diferentes retos que o alumnado ten que facer por equipos e nun tempo límite.

Algúns dos retos son construír un robot, uns lentes, unha casa, un animal, un labirinto, os seus propios nomes... fixérono xenial!

   


mércores, 4 de maio de 2022

Recuncho creativo

Este curso, grazas á nosa incorporación ao proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA, estamos dotando á nosa biblioteca de materiais e actividades encamiñados a apoiar a experimentación, a creación e a investigación do alumnado.

Para iso destinamos un moble específico no que centralizamos a maioría destes materiais.

 

XEOPLANOS

 

ESCORNABOTS

 

LETTERING

 

TANGRAM

 

PEZAS MAGNÉTICAS


LEGO E LEGO DUPLO

 

XOGOS DE MADEIRA

 

XOGOS DE MESA

 

MESA DE LUZ 


LIBROS "CREATIVOS"