mércores, 27 de abril de 2022

Día do libro 2022

Nesta ocasión propúxose ao alumnado a realización da seguinte manualidade. Coñecemos así algúns dos seus libros favoritos...

 








luns, 25 de abril de 2022

Club de lectura en 5º e 6º

Comezamos este 3º trimestre coa creación de dous clubs de lectura en 5º e 6º de Primaria.

Xa que temos acceso á plataforma E-LBE.2 de Lectura dixital, aproveitamos que o alumnado destes cursos pode realizar estas lecturas nos seus dispositivos E-Dixgal. A esta actividade voluntaria xa se apuntaron 20 alumnos e alumnas.

Comezamos na primeira sesión de cada club coa elección da primeira lectura, o rexistro na plataforma e o reparto duns cadernos.



xoves, 21 de abril de 2022

Xogando co Escornabot

Algún grupo xa comezou a probar o escornabot da Biblioteca Creativa. O alumnado de 3º deseñou uns circuitos con pezas de goma eva para despois programar o robot e que non caera ao chan.









venres, 8 de abril de 2022

Novidades na Biblioteca

Aquí podedes ver algúns dos novos libros que temos na biblioteca:







domingo, 3 de abril de 2022

Este mes na biblio... Lettering

Esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º realizará un obradoiro de lettering na Biblioteca do cole.


Algúns nenos e nenas xa levan un tempo experimentando cos rotuladores de punta de pincel. Neste obradoiro aprenderemos a técnica básica e practicaremos con ↴

 ESTE ABECEDARIO