xoves, 17 de novembro de 2022

DESCUBRINDO GALICIA

 Enclavado no proxecto "Un mundo por descubrir" o alumnado de Educación Infantil está traballando Galicia.

Esta semana descubrimos o traxe galego e a razón de ser de cada prenda da man de Enrique Penabad presidente da Asociación Folclórica O Arco da Vella á que pertencen moitos dos nenos e nenas do centro.





RECOMENDACIÓNS LECTORAS NO SAMAÍN

Celebramos o Samaín con múltiples actividades, como a lectura de contos por parte do alumnado de sexto dos libros Corre Corre Cabaciña e A Bruxa Regañadentes.

Como ven sendo habitual deixamos unha selección de contos relacionados con esta época.
 



TODO UN MUNDO POR DESCUBRIR

 

 Este ano Dona Disparate decidiu explorar o seu Redor e con ela iremos todos! 

De feito os colaboradores e as colaboradoras do centro repartiron billetes de avión en todas as aulas...



Este billete levounos de viaxe a lugares marabillosos de mans dos nosos colaboradores/as para celebrar o día das Bibliotecas Escolares.