mércores, 11 de maio de 2022

Continuamos cos obradoiros LEGO

Esta semana continuamos os obradoiros LEGO co alumnado de 2º a 6º de Primaria. O equipo da Biblioteca preparou esta ruleta con diferentes retos que o alumnado ten que facer por equipos e nun tempo límite.

Algúns dos retos son construír un robot, uns lentes, unha casa, un animal, un labirinto, os seus propios nomes... fixérono xenial!

   


mércores, 4 de maio de 2022

Recuncho creativo

Este curso, grazas á nosa incorporación ao proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA, estamos dotando á nosa biblioteca de materiais e actividades encamiñados a apoiar a experimentación, a creación e a investigación do alumnado.

Para iso destinamos un moble específico no que centralizamos a maioría destes materiais.

 

XEOPLANOS

 

ESCORNABOTS

 

LETTERING

 

TANGRAM

 

PEZAS MAGNÉTICAS


LEGO E LEGO DUPLO

 

XOGOS DE MADEIRA

 

XOGOS DE MESA

 

MESA DE LUZ 


LIBROS "CREATIVOS"